O CONCELLO DE SOBER COLABORA CON AFAMON PARA CREAR UN GRUPO DE TRABALLO DE APOIO ÁS FAMILIAS COIDADORAS

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA CON AFAMON PARA CREAR UN GRUPO DE TRABALLO DE APOIO ÁS FAMILIAS COIDADORAS

O Concello de Sober colabora con AFAMON (Asociación de Familiares de enfermos de Alzhéimer de Monforte) para crear un grupo de traballo de apoio a familias coidadoras de persoas con demencias ou outras enfermidades  neurodexenerativas.
 
Os interesados e interesadas en participar poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello ao longo do mes de agosto. O proxecto dará comezo en setembro.
 
As persoas interesadas formarán parte dun programa de apoio a familias (denominado Rede Paraugas) en colaboración coa Fundación Barrié e Fagal (Federación Alzhéimer Galicia). A duración é de setembro de 2019 a xuño de 2020 e está dirixido a  coidadores de persoas con demencias ou outras enfermidades neurodexenerativas (párkinson, esclerose múltiple, etc).
 
Fases do programa
O proxecto divídese en varias fases. Inicialmente, e co fin de analizar as necesidades de cada grupo, realizarase unha fase de avaliación, asesoramento e información. Esta, de carácter grupal, terá unha duración de 6 horas (dúas horas por cada perfil profesional) nas que se valorarán os coñecementos e experiencias en materia de autocoidados, recursos sociais, estimulación no fogar, etc.
 
Posteriormente, e unha vez fortalecido o grupo de axuda mutua e coñecidas as necesidades dos participantes, realizarase un acompañamento mensual do grupo, sendo o coordinador das sesións o profesional que se considere necesario en cada caso (psicóloga, traballadora social ou terapeuta ocupacional) de tres horas de duración, na que se resolverán as dúbidas dos participantes e se fomente o debate entre elas, buscando solucións axeitadas segundo as súas propias experiencias e contorna.
 
O Concello de Sober colabora con esta iniciativa que pretende mellorar a calidade de vida tanto das persoas enfermas como dos seus coidadores.
 
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober