SOBER CONTARÁ EN OUTUBRO CUNHA PISTA DE PÁDEL

  • Home
  • Novas
  • SOBER CONTARÁ EN OUTUBRO CUNHA PISTA DE PÁDEL

O Goberno local do Concello de Sober ten previsto poñer en marcha no mes de outubro unha pista de pádel.
 
As instalacións, cuxas obras están a punto de rematar, están emprazadas na contorna das piscinas municipais, en Centeás.
 
As obras realizáronse a través dun convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte e contaron cun orzamento de 25.000 euros.
 
As instalacións serán de uso gratuíto e funcionarán a través dun club de Pádel local que xa está en fase de creación.
 
O Concello de Sober incrementa así as posibilidades deportivas para todos os veciños e veciñas, ás que se sumarán as actividades que oferta o ximnasio municipal, cuxo uso tamén é de balde.  

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober