A XIMNASIA DE MANTEMENTO VOLVE A SOBER CON CLASES NAS PARROQUIAS E NA CAPITALIDADE

  • Home
  • Novas
  • A XIMNASIA DE MANTEMENTO VOLVE A SOBER CON CLASES NAS PARROQUIAS E NA CAPITALIDADE

O Concello de Sober pon en marcha este mércores a ximnasia de mantemento con clases nas parroquias e na capitalidade. Os interesados e interesadas en anotarse poden facelo directamente nos lugares onde se desenvolven as actividades, que son de carácter gratuíto.
 
Horario das clases:
 
Luns
Vilaescura, 16:00 horas
Anllo, 17:00 horas
Rosende, 18:00 horas
Canaval, 19:00 horas
 
Martes
Sober, 11:00 horas
 
Mércores
Sober, 11:00 horas
Doade, 16:00 horas
Sober, 17:30 horas
Neiras, 19:00 horas
 
Xoves
Sober, 11:00 horas
Arxemil, 16:00 horas
 
O ximnasio municipal estará aberto os martes, mércores e xoves de 10:30 horas a 14:00 horas e os mércores tamén en horario de tarde de 17:30 horas a 18:30 horas. O horario será ampliado nas vindeiras semanas. O seu uso é gratuíto.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober