O CONCELLO DE SOBER PON EN MARCHA UN CERTAME PARA CONSEGUIR UN LOGO QUE REPRESENTE AS MERENDAS CON CONTOS

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER PON EN MARCHA UN CERTAME PARA CONSEGUIR UN LOGO QUE REPRESENTE AS MERENDAS CON CONTOS

CERTAME LOGOTIPO: MERENDAS CON CONTOS
BASES DO CERTAME:


  1. Obxeto:

Deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa da actividade Merendas con Contos, que desenvolve o Concello de Sober os venres na Biblioteca Pública.
O logotipo deberá reflexar a natureza desta actividade, tendo en conta os seguinte aspectos:


  • Está dirixida a nenos e nenas entre os 4 e os 12 anos.
  • O seu obxetivo fundamental é a animación á lectura, a través dos libros, dos obradoiros e das novas tecnoloxías.
  • Participantes:

Poderán participar todas as persoas  de 14 anos en adiante.
Cada participante poderá presentar todas as propostas que queira.


  1. Condicións técnicas:

Os deseños deberán ser orixinais e inéditos, sendo responsable o autor de que así sexa. Os participantes certifican que o logotipo é fruto da súa creatividade persoal, que é o seu propio traballo, e que non infrinxiu os dereitos de autor de outras persoas.
Aconséllase usar cores que sexan fácilmente trasladables á escala de grises, para a súa posterior realización tanto en cor como en branco e negro. Recoméndase usar un máximo de tres cores.
Enviarase en soporte dixital, coa maior resolución posible.


  1. Propiedade intelectual e dereitos de reproducción:

A propiedade do logotipo premiado cederase ó Concello de Sober, que se reserva todos os dereitos de propiedade e uso da proposta premiada


  1. Presentación de traballos:

O prazo de presentación será do 4 de novembro ó 2 de decembro.
As propostas enviaranse a dirección de correo: cultura@concellodesober.com


  1. Xurado:

O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará un único traballo que será o gañador deste certame.


  1. Premio:

O gañador otorgaráselle un premio consistente nun libro electrónico e un diploma acreditativo.


  1. Aceptación das bases

A participación no concurso leva implícita a aceptación de todas estas bases e o fallo do xurado.
 
En Sober, a 24 de outubro de 2019
Día da Biblioteca

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober