O CONCELLO DE SOBER ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS BECAS DE AXUDA AO TRANSPORTE UNIVERSITARIO

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS BECAS DE AXUDA AO TRANSPORTE UNIVERSITARIO

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, deu conta hoxe da apertura do prazo de solicitude das becas de axuda ao transporte universitario para os estudantes da localidade. Os interesados e interesadas poderán cursas as súas peticións ata o día 20 de novembro.
 
Os trámites poderán levarse a cabo nas oficinas municipais ou na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Sober. A documentación que se debe achegar é un certificado de matrícula na Universidade correspondente, o certificado de número de conta bancaria e o certificado de empadroamento.
 
Todos os alumnos e alumnas de Sober que cursan estudos universitarios poden optar as becas. O Goberno local trata así de colaborar coas familias mediante esta axuda que concede todos os anos.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober