INÉS MORENO OFRECE O SÁBADO UN CONCERTO DE CLAVE NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE SOBER ÁS 19:30 HORAS

  • Home
  • Novas
  • INÉS MORENO OFRECE O SÁBADO UN CONCERTO DE CLAVE NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE SOBER ÁS 19:30 HORAS

O Concello de Sober segue adiante coa súa ampla programación de Nadal á que suma un concerto de clave das Xuventudes Musicais a cargo de Inés Montero o vindeiro sábado día 21. A actuación, aberta ao público, será ás 19:30 horas no Centro Sociocultural de Sober.
 
Inés nace en Madrid (España) en 1995. Con oito anos comeza os estudos de clave no Escorial con Denise de La-Herrán e máis tarde con Jordan Fumadó, rematando en 2013 con Matrícula de Honra. Con 17 anos trasládase a Suíza onde é aceptada na prestixiosa Schola Cantorum Basiliensis en Basilea na clase de Andrea Marcon para realizar os seus estudos superiores. Finaliza a carreira en 2016 con máximas cualificacións.
 
Participou en Masterclases de clave con Olivier Baumont, Jacques Ogg,
Ferdinando Tagliavini, Jean-Marc Aymes e Bertrand Cuiller. Gañou o primeiro premio da primeira edición do Concurso de Música Antigua, na 92.ª edición do concurso permanente de Juventudes Musicales de España en 2018, e o segundo premio no Concurso Internacional de Clave en Bologna en 2019. Gañou tamén o primeiro premio na Competición ORDA (Ámsterdam) na categoría de música de cámara en 2012 e foi finalista na XXI Johann-Sebastian-Bach-Competition en 2018 (Leipzig).
 
Pertence ao grupo “Vivalma Ensemble” co que tocou na Fundación Juan March en 2017 e en 2018 participou na XXXI Edición de Clásicos en Verano.
 
O programa
No programa haberá tres tipos de pezas: a música baseada en temas e danzas populares da época, como o eran a Romanesca, o pasamezzo moderno, a Folía e a Ciaconna; tocatas, que son pezas máis libres moi características da época e que caracterizan a moitos autores e pezas por movimentos como o é a Suite de Domenico Zipoli, que consta de Preludio, Corrente, Sarabanda e Giga (estas tres últimas danzas tamén).
 
Diego Ortiz: (ca. 1510 – ca. 1576)
 
-Recercada Settima sobre la Romanesca
 
-Recercada Segunda sobre el Passamezzo moderno
 
 Tratado de glosas sobre cláusulas y otros géneros de puntos en la música de violones, Roma 1553
 
 Girolamo Frescobaldi: (1583 – 1643)
 
-Toccata Seconda
 
Il secondo libro di toccate, canzone, versi d’hinni, Magnificat, gagliarde, correnti ed altre partite d’intavolatura di cembalo ed órgano, 1627
 
 Bernardo Storace: (ca. 1637 – ca. 1707)
 
-Ciaccona
 
-Ballo della battaglia
 
 Selva di varie composizioni d’intavolatura per cimbalo ed órgano, 1664
 
 Domenico Zipoli: (1688 – 1726)
 
-Suite in sol minore
 
Preludio – Corrente – Sarabanda – Giga
 
Sonate d’Intavolatura per Organo e Cimbalo, Op. 1, 1716
 
Alessandro Scarlatti: (1660 – 1725)
 
-Toccata per cembalo d’Ottava stesa
 
Primo Tono Preludio – Adagio – Fuga – Adagio – Follia

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober