O CONCELLO DE SOBER INICIA O XOVES A CAMPAÑA DE VACINACIÓN CANINA

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER INICIA O XOVES A CAMPAÑA DE VACINACIÓN CANINA

O Concello de Sober informa que esta semana iniciará a campaña anual de vacinación da rabia, identificación, e desparasitación canina no termo municipal.
 
A campaña é voluntaria, pero recórdase aos propietarios de cans que segundo o Decreto 90/2002 (DOG nº 63 de 2/4/2002), dende o ano 2002 é obrigatorio sen excepción ter os cans identificados con microchip.
 
Igualmente, dende o ano 2008, pola publicación do Decreto 94/2008  (DOG nº92 do 14/5/08), establécese o pasaporte ou cartilla sanitaria para os cans en Galicia. Este pasaporte está vinculado aos cans identificados legalmente con microchip.
 
A vacinación farase casa por casa, por estar prohibida a concentración de cans. Os interesados deberán chamar ó número do veterinario do recorrido, Xosé Tomé – 689 10 35 94-,  o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia. A campaña comeza o 21 de maio. A vacinación farase pola mañá. 
 
O calendario da campaña será:
 
            -Xoves 21 de maio: CANAVAL, VILAESCURA, ROSENDE, MILLÁN
            -Luns 25 de maio: REFOXO, SOBER, PROENDOS, LIÑARÁN
            -Martes 26 de maio: ANLLO S.E., ANLLO S.M.
            -Mércores 27 de maio: FIGUEIROÁ, BOLMENTE, BARANTES
            -Venres 29 de maio: SANTIORXO, PINOL, LOBIOS
            -Luns 1 de xuño: GUNDIVÓS
            -Martes 2 de xuño: AMANDI, DOADE
            -Xoves 4 de xuño: NEIRAS
            -Venres 5 de xuño: BULSO, SANTA CRUZ 
         
Aqueles que xa estean vacinando os seus cans co veterinario do percorrido xa son visitados regularmente noutras épocas do ano.
 
Os prezos son:
-Vacina Rabia 15 euros.
-Implantación Microchip + Pasaporte oficial asociado (‘cartilla’): 33 euros.
-Outras Vacinas ou Trámites: preguntar ao veterinario.
 
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober