O CONCELLO DE SOBER MANTÉN ABERTO O PRAZO PARA RECIBIR OFERTAS DE ARRANDAMENTO DO ALBERGUE MUNICIPAL ‘BARBAGELATA’ ATA O DÍA 6

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER MANTÉN ABERTO O PRAZO PARA RECIBIR OFERTAS DE ARRANDAMENTO DO ALBERGUE MUNICIPAL ‘BARBAGELATA’ ATA O DÍA 6

O Concello de Sober mantén aberto ata o día 6 o prazo para o contrato de arrendamento do ben patrimonial municipal situado na Rúa Cuartel de Sober para a xestión e explotación do albergue ‘Barbagelata’.
 
O orzamento base de licitación está fixado en 446,28 euros.
 
As ofertas poderán presentarse ata o día 6 de agosto ás 14:00 horas. Pode accederse a toda a documentación no apartado ‘Perfil do Contratante’ da páxina www.concellodesober.com 
 
O contrato será por dous anos con posibilidade de prórroga por un ano.
 
O establecemento
O Concello de Sober encargouse de acondicionar o edificio, que conta con 14 prazas, e instalar o mobiliario. O establecemento ten algo máis de cen metros cadrados útiles divididos en tres plantas. As habitacións están nos dous pisos superiores. A estética é similar a dos hostels que proliferan nas cidades europeas.
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober