IMPLANTACIÓN DUN PUNTO LIMPO MÓBIL NO CONCELLO DE SOBER PARA FOMENTAR A CULTURA DA RECICLAXE ENTRE OS VECIÑOS E VECIÑAS DO MUNICIPIO

  • Home
  • Novas
  • IMPLANTACIÓN DUN PUNTO LIMPO MÓBIL NO CONCELLO DE SOBER PARA FOMENTAR A CULTURA DA RECICLAXE ENTRE OS VECIÑOS E VECIÑAS DO MUNICIPIO

O concello de Sober contará cun servizo de punto limpo ambulante que ofrecerá a posibilidade aos veciños e veciñas do municipio de depositar de maneira axeitada, facilitando a súa reciclaxe, aqueles residuos que non poden ser depositados nos contedores habituais.

O punto limpo móbil, adquirido co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, disporá dunha ruta coa que se garantirá o acceso ao servizo por parte da veciñanza. Poderanse depositar residuos como pilas, fluorescentes, tóner e cartuchos de impresora, así como pequenos electrodomésticos e outros residuos de pouco volume e difícil reciclaxe.

Como complemento á incorporación do punto limpo, e para fomentar a cultura da reciclaxe entre a cidadanía, o concello tamén porá en marcha unha campaña de concienciación que acompañará ao punto limpo durante as primeiras semanas de funcionamento

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober