O CONCELLO DE SOBER ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS BECAS DE AXUDA AO TRANSPORTE UNIVERSITARIO

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS BECAS DE AXUDA AO TRANSPORTE UNIVERSITARIO

O Concello de Sober vén abrir o prazo para solicitar as becas de axuda ao transporte universitario. Así o explica o alcalde, Luis Fernández Guitián, quen sinala que “os interesados e interesadas dispoñen ata o 22 de outubro para poder cursar as súas peticións”.
 
Guitián sinalou tamén que os trámites para solicitar as becas poderán levarse a cabo no Concello ou na Oficina de Información Xuvenil de Sober.
 
A documentación que se debe achegar é un certificado de matrícula na Universidade correspondente, o certificado de número de conta bancaria e o certificado de empadroamento.
 
O rexedor animou a todos os alumnos e alumnas nados en Sober que estean cursando nestes momentos estudos universitarios a optar as becas de axuda ao transporte “que supoñen unha achega máis para axudar aos nosos mozos e mozas a continuar cos seus estudos”, indicou.
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober