A FRAUTISTA SOFÍA SALAZAR E O PIANISTA LUIS ARIAS OFRECEN ESTE SÁBADO UN CONCERTO EN SOBER

  • Home
  • Novas
  • A FRAUTISTA SOFÍA SALAZAR E O PIANISTA LUIS ARIAS OFRECEN ESTE SÁBADO UN CONCERTO EN SOBER

A frautista Sofía Salazar e o pianista Luis Arias ofrecen este sábado un concerto en Sober organizado polas Xuventudes Musicais da localidade e o Concello de Sober. Con entrada libre, o espectáculo dará comezo ás 19:00 horas no Centro Sociocultural.
 
A ‘Belle Époque’ foi o nome que se lle deu ao período de paréntese nos conflitos bélicos en Europa entre finais do século XIX e principios do XX. Esta pausa contribuíu ao auxe económico, e á creación de espazos onde divertirse: abríronse multitude de salas de concerto e café-concert, mentres os ingleses exportaron o que coñecemos por music-hall, ou sala de música; ambos os conceptos deron cabida a un novo tipo de artista.
 
Este movemento condensouse nun escenario ideal: a cidade de París, que neste momento converteuse na capital europea do espectáculo, ademais de ser a capital da arte, do impresionismo, da moda… e da frauta moderna. Neste recital gozaremos unha selección do repertorio para frauta máis representativo da época, dos compositores franceses que mostraron as cores e versatilidade da frauta en combinación co piano.
 
Programa
 
Gabriel Fauré: Morceau de Concours
 
Benjamín Godard: Suite de trois morceaux Op. 116
 
George Enescu: Cantabile et Presto
 
Charles-Marie Widor: Suite para Frauta e Piano Op. 34
 
Claude Debussy: Beau Soir
 
George Bizet/Borne: Fantasía Brillante sobre os temas de Carmen.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober