A CORPORACIÓN DE SOBER SERÁ DE NOVO A PRIMEIRA DE ESPAÑA EN CONSTITUÍRSE

  • Home
  • Novas
  • A CORPORACIÓN DE SOBER SERÁ DE NOVO A PRIMEIRA DE ESPAÑA EN CONSTITUÍRSE

A Corporación Municipal de Sober volverá ser a primeira de España en constituírse. Así o explica o rexedor en funcións, Luis Fernández Guitián, que volverá asumir o bastón de mando nun pleno convocado para o sábado ás 00:00 horas (a noite do venres ao sábado).
 
Deste xeito o pleno de investidura da Corporación municipal, que nesta ocasión terá 8 concelleiros do PP, 2 de Agroma Sober e un do PSOE,  vai ser convocado para as 00:00 do sábado 17 de xuño, sendo novamente a primeira corporación de España en constituírse.
 
Nos anos 2011, 2015 e 2019 o Concello de Sober e o seu alcalde, Luis Fernández Guitián, xa foron os primeiros en tomar posesión, “algo anecdótico que xa se converteu en habitual e que volve poñer o foco en Sober”, precisa.
 
O alcalde en funcións explica que “en España son máis de 8.100 Corporacións as que se constitúen o 17 de xuño e Sober non vai ser unha máis, vai ser a primeira”.
 
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober