O CONCELLO DE SOBER CELEBRARÁ A XXII FESTA DAS AVOAS E DOS AVÓS O 27 DE ABRIL

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER CELEBRARÁ A XXII FESTA DAS AVOAS E DOS AVÓS O 27 DE ABRIL

O Concello de Sober ultima xa os preparativos da XXII Festa das Avoas e dos Avós, que vai ter lugar no pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme o vindeiro sábado 27 de abril.
 
A cita, sempre multitudinaria, dará comezo ás 13:30 horas cunha misa. De seguido, farase o xantar, haberá música e o sorteo de agasallos para todos e todas.
 
O menú será a base de empanada, polbo, carne asada, rosca de Millán e queixo, café e bebidas.
 
O prezo para asistir é de 10 euros para empadroados e 20 euros para as persoas non empadroadas.
 
Haberá servizo de transporte para aquelas persoas que o precisen.
 
Prégase confirmar asistencia antes do 24 de abril nos teléfonos: 982 46 00 01 ou 982 46 05 13.
 
 
 
 


close-link
close-link