O CONCELLO DE SOBER CELEBRA O 14 DE FEBREIRO O DÍA GRANDE DO ENTROIDO, CON MÁIS PREMIOS E O XVIII BAILE DA CACHUCHA

  • Home
  • Novas
  • Sin categorizar
  • O CONCELLO DE SOBER CELEBRA O 14 DE FEBREIRO O DÍA GRANDE DO ENTROIDO, CON MÁIS PREMIOS E O XVIII BAILE DA CACHUCHA

O Concello de Sober presenta as actividades para o sábado día 14 de febreiro, cando celebrará o día grande do Entroido e o XVIII Baile da Cachucha. Previamente, o 5 de febreiro celebrarán o xoves de Compadres e o 12 de febreiro o xoves de Comadres.

 

O sábado día 14 a festa empeza ás 17:00 horas co desfile de Entroido con saída desde a Praza do Concello. Por vez primeira haberá un premio á música en directo, que levarán aqueles que mellor canten ou toquen no transcurso do desfile. Tamén se poderán conceder accésits en cada unha das categorías.

 

Horarios

Ás 18:00 horas haberá música, inchables e xogos no pavillón polideportivo e ás 19:30 horas levarase a cabo o concurso de disfraces infantil. Ás 20:00 horas haberá unha degustación gratuíta de cachucha e viño para todos os asistentes.

 

Premios

 

Comparsas

Participación: 60 euros

1º Premio: 400 euros

2º Premio: 250 euros

3º Premio: 150 euros

4º Premio: 100 euros

 

Grupos

Participación: 30 euros

1º Premio: 120 euros

2º Premio: 100 euros

3º Premio: 90 euros

 

Individual e parellas

1º Premio: 80 euros

2º Premio: 60 euros

3º Premio: 50 euros

 

Concurso de disfraces infantil

 

Grupos

1º Premio: 80 euros

2º Premio: 60 euros

3º Premio: 50 euros

 

Parellas

1º Premio: 60 euros

2º Premio: 40 euros

3º Premio: 30 euros

 

Individual

1º Premio: 40 euros

2º Premio: 30 euros

3º Premio: 20 euros

 

 


Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *