O CONCELLO DE SOBER ABRE A INSCRICIÓN PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN ‘COÑECE O TEU CONCELLO’

O Concello de Sober abre do 1 ao 10 de xuño o prazo de inscrición para participar no campamento de verán ‘Coñece o teu Concello’, unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

O campamento desenvolverase entre o 29 de xuño e o 7 de agosto e incluirá xogos cooperativos e deportivos, obradoiros creativos, actividades medioambientais, rutas de coñecemento do municipio, propostas acuáticas e dinámicas de convivencia.

Ofértanse 50 prazas por semana, con prioridade para os menores empadroados no Concello de Sober. As bases completas achéganse xunto a esta información.

Bases Campamento de Verán Coñece o teu Concello


Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

close-link
close-link