CONCELLO DE SOBER
ALCALDIA

 Sober dáche a benvida a través das novas tecnoloxías.

De acordo co compromiso de dotar o Concello de novos servizos, poñemos a disposición de tod@s un novo portal de atención a cidadanía con melloras substanciais e presentado de forma atractiva, coa intención de converterse nun espazo de diálogo útil i eficaz con vós.

O obxectivo e ir evolucionando grazas as vosas suxestións e opinións, e conseguir así que Sober sexa un concello de referencia e a vangarda, un concello digno de ser mostrado e coñecido. Porque Sober, é moito Sober.

Os nosos recursos fan que podamos ofrecer unha ampla e única oferta turística, cultural, deportiva, gastronómica e de ocio.

Para min, como Alcalde, pero principalmente como soberino, Sober non é só un concello, é un gran espazoo con multitude de posibilidades, de intercambio social e cultural; contamos cun entorno de ilusión que debe medrar e evolucionar para que tod@s podamos levar a diante os nosos proxectos persoais nun clima de dinamismo, respecto, convivencia e creatividade. Por elo, dende as fiestras abertas que configuran esta páxina Web, convídovos a compartir con nós as vosas ideas e proxectos, para, xuntos, deseñar, impulsar e desenrolar o Sober do futuro, contando co Sober do presente e sen esquecer o Sober do pasado.

Luís Fernández Guitián
(Alcalde de Sober)

Contacto: alcaldia@concellodesober.com

 
 
Historia do Concello
1·Historia
2·Patrimonio
3·Medio Natural
4·Lendas
5·Situación
Concello de Sober
1·Alcaldía
2·Corporación Municipal
3·Normativa Municipal
4·Secretaría
5·Contacto
Servizos do Concello
1·Enlaces
2·Axenda
3·Télefonos
4·Transporte Público
As Nosas Parroquias
 
Oficina de Turismo
1·Rutas
2·Aloxamentos
3·Festas
4·Galería Fotográfica
Novas do Concello
 
O Viño e Adegas
1·O Viño
2·Adegas
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
prodesin.com