NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS

O CONCELLO FELICITA Á SOBERINA SARA MÉNDEZ, GAÑADORA DO CONCURSO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA DO ROYAL COLLEGE OF MUSIC DE LONDRES

A saxofonista, integrante da Banda de Música de Sober, está a cursar un máster en Performance no conservatorio londinense, becada polos Big Give Awards

 
O CONCELLO DE SOBER OFERTARÁ O VINDEIRO CURSO O SERVIZO ‘CONCILIA’ PARA A ATENCIÓN DO ALUMNADO ANTES E DESPOIS DA XORNADA ORDINARIA LECTIVA

As familias interesadas deben facer a prescrición no Colexio Virxe do Carme ou no Departamento de Servizos Socias do Goberno local. Haberá un servizo de madrugadores e un de ludotardes atendidos por un profesional que se ocupará dos xogos e actividades.

 
O CONCELLO DE SOBER INICIA O LUNS A CAMPAÑA ANUAL DE VACINACIÓN CANINA

Os interesados deberán chamar ao veterinario do recorrido Xosé Tomé - 689 10 35 94-  o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia

 
O CONCELLO COLABORA COA ORGANIZACIÓN DA I ESCALEIRA LITERARIA DE SOBER

O acto poético e musical, promovido por Moncha Prieto, celebrarase o sábado ás 19:00 horas no Centro Sociocultural

 
UN NONAXENARIO DE SOBER, ENTRE OS ALUMNOS QUE SE ESTÁN A FORMAR NA AULA DE INFORMÁTICA

Un veciño de O Barreal aprende estes días cómo facer vídeo chamadas para poder comunicarse co seu fillo en Inglaterra

 
O DIRECTOR DA BANDA DE MÚSICA DE SOBER SERÁ O TUBA SOLISTA DA ORQUESTRA SINFÓNICA RTVE NO SEU VINDEIRO PROGRAMA

Miguel Franqueiro Becerra estivo todo o mes de abril en Torino, onde interpretou a Verdi na ópera ‘I Lombardi alla prima crociata’. O Goberno local valora estas experiencias “que reverten na Escola Municipal de Música”

 
O CONCELLO E AS XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER PROGRAMAN PARA O DÍA 5 DE MAIO O CONCERTO DE MARTA FEMANIA E KARLA MARTÍNEZ, FRAUTA E PIANO

A actuación será ás 20:00 horas no Centro Sociocultural

 
O CONCELLO E AS XUVENTUDES MUSICAIS ACHEGAN ESTE SÁBADO A SOBER O CONCERTO DA ACORDEONISTA LORE AMENÁBAR

O día 5 de maio actuará ademais o dúo Opalus no marco do ciclo ‘Primavera Musical’

 
O CONCELLO DE SOBER REPARTIRÁ 30 NOVOS COMPOSTEIROS DOMÉSTICOS ENTRE A VECIÑANZA

Con esta nova entrega son 100 as familias incorporadas ao programa

 
O CONCELLO E A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA ENCHERÁN SOBER DE ACTIVIDADES ESTA PRIMAVERA

O ciclo ‘Música para todos’ comeza este venres cun concerto de solistas no Centro Sociocultural ás 18:00 horas
 

 
 
 
Historia do Concello
1·Historia
2·Patrimonio
3·Medio Natural
4·Lendas
5·Situación
Concello de Sober
1·Alcaldía
2·Corporación Municipal
3·Normativa Municipal
4·Secretaría
5·Contacto
Servizos do Concello
1·Enlaces
2·Axenda
3·Télefonos
4·Transporte Público
As Nosas Parroquias
 
Oficina de Turismo
1·Rutas
2·Aloxamentos
3·Festas
4·Galería Fotográfica
Novas do Concello
 
O Viño e Adegas
1·O Viño
2·Adegas
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
prodesin.com