|
|
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER CELEBRA UN CONCURSO DE SELFIES DURANTE A XXXV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI
O Concello de Sober organiza un concurso de selfies para a fin de semana da XXXV Feira do Viño de Amandi, os vindeiros días 28 e 29 de marzo. Os participantes terán que subir a súa foto ás redes sociais Facebook ou Twitter co hashtag ou etiqueta #FeiraAmandi.
Os selfies terán que facerse e pendurarse nas redes sociais ao longo dous días que dura a XXXV Feira do Viño de Amandi, en calquera lugar de Sober, pero coa obriga de que garden relación coa temática da celebración.
A persoa gañadora, que debe figurar na fotografía, levará un lote de viño de todas as adegas participantes.
Sorteo en Facebook
Ademais do concurso de selfies, ao longo de dúas semanas o Concello de Sober levou a cabo un sorteo na rede social Facebook, a través da súa conta www.facebook.com/concello.desober, no que puideron participar todos e todas os seguidores desta páxina. A persoa que resulte agraciada levará como obsequio un lote de produtos de Amandi.
Os premiados en ambos os certames daranse a coñecer despois da Feira do Viño de Amandi, para poder visionar todos os selfies que envíen os participantes. As imaxes serán compartidas nas contas oficias que o Concello ten en Twitter e Facebook.
O alcalde de Sober agradece a participación e acollida de todos os seguidores que o Concello ten no Facebook e no Twitter que coa súa interacción “axudan a que a Feira gañe protagonismo a nivel internacional ano a ano”.
|
|
|
|
|
|