SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER COLABORA COA CELEBRACIÓN DAS FESTAS DAS PENAS DE ARXIMIL NA HONRA A SAN VITORIO



O Goberno local do Concello de Sober colabora coa celebración das festas patronais na honra a San Vitorio no lugar de As Penas, na parroquia de Arximil. A festividade levarase a cabo esta fin de semana, do 26 ao 28 de agosto.
 
A xornada festiva comezará o venres 26 a partir das 21:00 horas coa tradicional pancetada acompañada de pementos de Padrón, que estará amenizada pola actuación do grupo D´Lider.
 
O sábado 27, o día grande da festas, iniciarase coa celebración dunha misa solemne en torno ás 13:30 horas. A posterior sesión vermú correrá a cargo do dúo La Hora de la Bruja. Xa pola tarde, en torno ás 20:00 horas os nenos e nenas poderán desfrutar con diversos xogos infantís. A verbena da noite contará coa actuación da orquestra Superfama e unha novo recital do grupo La Hora Bruja.
 
O domingo 28 oficiarase unha nova misa solemne na igrexa parroquial e o dúo Escobar será o encargado de poñer o toque musical na sesión vermú. O fin de festa correrá a cargo da mesma agrupación musical a partir das 21:00 horas da noite.
 
O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas a participar desta festividade, 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com