SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INCREMENTA AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE BALDE NO XIMNASIO MUNICIPAL



O Goberno Local do Concello de Sober vén de incrementar as actividades deportivas no ximnasio municipal. O rexedor, Luis Fernández Guitián, puxo en valor a aposta do Goberno Local “por fomentar a actividade física entre os soberinos e soberinas con novas actividades que se impartirán de xeito totalmente gratuíto a partir de mañá”.
 
Deste xeito, os veciños e veciñas poderán poñerse en forma coa ximnasia de mantemento “unha actividade física adaptada á terceira idade e pensada para mover o corpo e estimular a circulación sanguínea sen chegar ao esgotamento”, precisou o alcalde. Engadiu ademais que se levará a cabo de martes a xoves ás 11:00 horas e os xoves tamén en horario de tarde, a partir das 17:30 horas.
                     
Outra das actividades máis novidosas que se comezará a practicar no ximnasio soberino será a ‘Danciña Fitness’. Trátase dunha clase na que se mestura o acondicionamento físico co baile. Impartirase os martes e mércores ás 18:00 horas.  
 
Por último, tamén se incorpora á rutina de exercicios a actividade física completa e divertida chamada ‘En Forma’, na que se desenrolan varios modelos de entrenamento. As clases serán os martes e mércores a partir das 16:00 horas.
 
O alcalde animou a todos os soberinos e soberinas a sumarse a estas actividades colectivas e dirixidas “que contribúen a estar en forma e pasar unha tarde de diversión”.
 
Novas máquinas e material
O rexedor soberino lembrou tamén que o ximnasio municipal permanece aberto os martes e os mércores de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e os xoves no mesmo horario de mañá e polas tardes de 17:30 a 20:30 horas “para as persoas que desexen facer exercicio pola súa conta”.
 
Guitián avanzou ademais que as instalacións contan tamén con novas máquinas para facer exercicio. “Adquirimos unha nova cinta de correr e unha bicicleta estática horizontal”, precisou. E engadiu que “tamén dispoñemos de novo material para poder realizar as distintas actividades dirixidas, como as mancuernas de diferentes pesos”, concluíu.
 
Ximnasia de mantemento nas parroquias
O rexedor soberino recordou que segue a en marcha a ximnasia de mantemento nos locais sociais das distintas parroquias. Guitián salientou que “se trata dunha actividade que está tendo moito éxito entre os nosos maiores” e precisou que “ten como obxectivo manter ou mellorar o estado físico dos participantes, pero tamén axuda a que os usuarios se sintan activos e ademais convértese nun punto de encontro e de relacións sociais”.
 
As actividades de mantemento estanse a desenvolver en Vilaescura, Anllo, Rosende, Canabal, Doade, Bolmente, Figueroá, Neiras e Arxemil. 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com