SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CONTA XA CON 25 ADEGUEIROS INSCRITOS PARA A XXXVII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O Goberno local do Concello de Sober vén de manter a primeira reunión preparatoria para a XXXVII Feira do Viño de Amandi que este ano se celebrará, como de costume, o sábado e domingo de Ramos, 8 e 9 de abril. O equipo de Goberno mantivo unha xuntanza cos adegueiros da subzona de Amandi para perfilar a organización desta edición, na que se prevé que participen 25 bodegas.
 
Este ano o concello convidado será o de Nogueira de Ramuín (Ourense) limítrofe con Sober, mentres que a inauguración da XXXVII Feira do viño de Amandi correrá a cargo de Adega Mezquita de Carballeda (Lobios)en homenaxe a seu fundador Pedro Lopez, falecido recentemente.
 
O Concello de Sober deu comezo xa ás accións promocionais para difundir esta cita vitivinícola declarada de Interese Turístico Galego. Así, ao longo de toda esta semana a localidade contará cun posto na mostra Xantar de Expourense. En concreto, o domingo día 5 a mostra estará dedicada ao Concello de Sober e haberá unha degustación de viño de Amandi con galo de curral a cargo do Concello de Vila de Cruces e do soberino.
 
Outros preparativos
Seguindo cos preparativos da Feira do Viño de Amandi, a próxima semana reunirase o xurado que decidirá ao gañador do concurso de carteis convocado para esta edición e que conta con 40 orixinais chegados de diferentes puntos do estado.   
 
O Concello ultima tamén a presentación do Mes do Amandi, que este ano se fará o día 4 de marzo. 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com