SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A PIANISTA ESPERANZA MARTÍN DARÁ UN CONCERTO ESTE SÁBADO NA CASA DA CULTURA, NO MARCO DO MES DE AMANDI



O Goberno local do Concello de Sober fará a presentación da XXXVII Feira do Viño de Amandi este sábado, día 4 de marzo, no idílico paraxe do Miradoiro da Pena do Castelo na parroquia de Doade. Ese acto, no que se dará a coñecer o cartel anunciador da feira así como os actos que se englobarán no Mes do Amandi, dará paso ao concerto da pianista Esperanza Martín López ás oito da tarde no Centro Sociocultural.
 
O alcalde soberino, Luis Fernández Guitián, avanzou que este recital tamén servirá para inaugurar o novo piano de cola da Casa da Cultura. “Trátase dun Piano C3X  Yamaha cunha extraordinaria sonoridade e moi valorado polos mellores pianistas que se adapta perfectamente a todos os estilos: tanto á musica clásica, como o jazz ou a música moderna”, recordou o rexedor.
 
Guitián puxo en valor tamén a enorme calidade do concerto “por unha pianista que recibiu masterclasses de destacados mestres como Josep Colom, David Kuyken, Eldar Nebolsin, Christian Pohl ou Tibor Szász, entre outros. E que foi recentemente galardoada co segundo premio no el 82º Concurso Permanente de Xuventudes Musicais de España”.
 
O rexedor apuntou ademais que ao rematar o concerto haberá unha degustación de viño de Amandi. “Será un acto moi interesante cunha pianista impresionante e acompañado de viño de Amandi”, salientou Guitián.
 
Esperanza Martín López, unha mestra do piano
Esperanza Martín López nace en Málaga no ano 1993. Comeza a súa carreira musical á idade de seis anos e continúaos no Conservatorio Elemental de Música Torre del Mar co mestre Alejandro Rueda. Despois ingresa coas máximas cualificacións no Conservatorio Superior de Música de Aragón. No campo da Música de Cámara, recibe formación de Kennedy Moretti e o Cuarteto Quiroga.
 
No 2014 remata os seus estudos de Grado en Interpretación-Piano, cun expediente extraordinario e recibindo Matrícula de Honra no Recital Fin de Grao e no Proxecto Fin de Grao.
 
Matín López foi recentemente galardoada co segundo premio no 82º Concurso Permanente de Xuventudes Musicais de España e recibiu primeiros premios no V e VI Concurso Nacional de Piano ‘Ciudad de El Ejido’, o XIII Concurso de Piano ‘Infanta Cristina’, VIII Certame Andaluz de Música ‘Muñoz Molleda’, o XXX Concurso de Piano Ciudad de Linares ‘Marisa Montiel’, ou o I Certame de Piano Ciudad de Jerez, entre outros.
 
Ademais, recibe masterclasses de destacados mestres como Josep Colom, David Kuyken, Eldar Nebolsin, Christian Pohl, Tibor Szász, Víctor e Luís do Val, entre outros. E ofreceu numerosos concertos en EEUU en salas como Avram Theater, Southampton Historical Museum, St. Luke’s Episcopal Church, Brookhaven National Laboratory and Southampton Arts Center, e no marco do festival Pianofest in the Hamptons, onde recibiu os consellos dos mestres Paul Schenly e John O’Connor.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com