SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER ACOLLE A PRESENTACIÓN DO PRIMEIRO ESPUMOSO QUE SE ELABORA EN TERRITORIO RIBEIRA SACRA



O Concello de Sober apadriñou hoxe a presentación do primeiro espumoso que se elabora en territorio Ribeira Sacra, baixo o nome de Chris, froito dun traballo case artesanal. O alcalde, Luis Fernández Guitián, acompañou á súa creadora, Cristina Murga, durante o lanzamento deste novo produto.
 
O viño, un espumoso feito con treixadura e godello, foi elaborado durante tres anos na súa cova de Sober pola enóloga Cristina Murga, quen ten previsto comercializalo a partir do Nadal. A autora explicou que a cova presenta as condicións idóneas para a súa segunda fermentación.
 
Ademais da presentación do produto e de explicar os pormenores da súa elaboración tamén se fixo unha degustación dos viños nos que traballa. Tratase dunha iniciativa novidosa que se asenta en Sober por consideralo a promotora como o lugar máis axeitado.
 
A enóloga é especializada en espumosos e nesta colleita decidiu emprender un novo proxecto propio despois de ter traballado na DO Valdeorras. Asegura que se trata dun proxecto “moi ilusionante”. Os seus anteriores traballos foron ‘Danza’ e ‘Brinde’.
 
O formato de comercialización será o de estoxos de 1 unidade e de branco lexímito en botellas de 1,5 litros en caixa de cartón. Chris Blanco Lexítimo véndese en formato mágnum, unha serie limitada de 400 botellas realizada exclusivamente coa variedade galega de branco lexítimo.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, saudou esta iniciativa que permite usar a uva deste territorio para abrir novos mercados e seguir levando o nome de Sober por todo o mundo.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com