SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
UN NONAXENARIO DE SOBER, ENTRE OS ALUMNOS QUE SE ESTÁN A FORMAR NA AULA DE INFORMÁTICA



O Goberno local do Concello de Sober segue adiante cos cursos para maiores que imparte na aula de informática, nos que xa recibiron clases este ano máis de 40 adultos que se están a formar en novas tecnoloxías e iniciación a Internet.
 
O maior dos alumnos é Herminio Fernández Rodríguez. Ten 90 anos e reside en O Barreal coa súa dona, na parroquia soberina de San Martiño de Anllo. O seu bo estado de saúde fai que sexa tamén un dos usuarios anotados na ximnasia de mantemento, que desenvolve o Concello nas parroquias da localidade.
 
Herminio e Saladina teñen un fillo en Inglaterra, de onde eles volveron hai uns anos. O soberino considera “moi importantes os cursos que está a desenvolver o Concello” e asegura que seguirá facendo todos os que poida porque “non me canso de aprender”.
 
Afirma que lle gusta moito estudar, posto que “supón unha diversión” e que xa de novo fixo un complexo curso de electricidade para poder desenvolver o seu traballo no estranxeiro. Presume de conservar o diploma.
 
O soberino está a recibir ensinanzas sobre Google Maps e iniciación á informática ou vídeo chamadas, aprendizaxes que despois practica no ordenador que ten na súa vivenda. Emprega as leccións que toma na aula de informática para poder comunicarse co seu fillo, ler a prensa inglesa, buscar ofertas de voos ou ver a súa anterior vivenda a través das aplicacións informáticas.
 
Recoñece que unha das maiores sorpresas foi poder atopar as imaxes da súa vivenda de Inglaterra a tantos quilómetros de distancia desde a aula de informática de Sober. Avanza que se anotará aos vindeiros cursos que desenvolva o Concello e agradece o labor que e está a levar a cabo desde a aula de novas tecnoloxías municipal. “Felicito á Corporación por poñer todo isto en marcha porque é moi beneficioso para os veciños”, precisa.
 
Clases de martes a venres
A aula de informática abre en horario de mañá e tarde de martes a venres e na actualidade reciben formación preto de 15 adultos de idades comprendidas entre os 50 e os 70 anos; sendo Herminio o maior, con 90 anos. Estanse a impartir cursos de Sixpac, almacenamento na nube, iniciación á informática, compras por Internet, correo electrónico, móbiles e tablets.  
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, valora a importancia de formar aos maiores nas novas tecnoloxías para que “adquiran as competencias precisas para poder empregar un móbil, unha tablet e incluso un ordenador”, o que lles fai a vida máis doada e lles abre unha fiestra de novas oportunidades de comunicación. Agradece a boa acollida que están tendo estes cursos entre a veciñanza.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com