NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INICIA ESTA SEMANA A DISTRIBUCIÓN DE 40 NOVOS CONTEDORES PARA A RECOLLIDA SELECTIVA



O Goberno local inicia esta semana a distribución de 40 novos contedores para a recollida selectiva. Trátase de contedores amarelos para envases e azuis para cartón e papel.
 
O Concello leva a cabo esta entrega a través dun convenio con Ecoembes. O investimento previsto é de 10.000 euros.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que se pretende incrementar a reciclaxe facendo pequenas illas con todo tipo de contedores na maioría dos pobos do Concello. Con esta nova distribución Sober disporá de 60 contedores de papel cartón, 80 de envases e 40 de vidro.
 
Nas últimas semanas tamén se fixo un reparto gratuíto de 30 composteiros domésticos en colaboración con Sogama pasando así de 100 as familias que se adheriron ao programa de compostaxe.
 
O Goberno local quere potenciar a reciclaxe para aforrar custos e facer un maior aproveitamento dos residuos. O compostaxe doméstico é o proceso de descomposición biolóxica da materia orgánica xerada no fogar, como son os restos de comida e podas, obtendo un produto final, o compost, que pode ser utilizado como acondicionador de solos en xardíns e hortos das vivendas que o elaboran.
 
O compostaxe doméstico ten grandes vantaxes sobre o medio ambiente, a economía e a sociedade, xa que a materia orgánica representa en torno ao 40% da composición media da nosa bolsa do lixo.


 
 
Historia do Concello
1·Historia
2·Patrimonio
3·Medio Natural
4·Lendas
5·Situación
Concello de Sober
1·Alcaldía
2·Corporación Municipal
3·Normativa Municipal
4·Secretaría
5·Contacto
Servizos do Concello
1·Enlaces
2·Axenda
3·Télefonos
4·Transporte Público
As Nosas Parroquias
 
Oficina de Turismo
1·Rutas
2·Aloxamentos
3·Festas
4·Galería Fotográfica
Novas do Concello
 
O Viño e Adegas
1·O Viño
2·Adegas
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
prodesin.com