SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER SEGUE A RENOVAR OS ALUMEADOS PÚBLICOS CON LUCES LED DE ÚLTIMA XERACIÓN



O Concello de Sober continúa renovando os alumeados públicos con luces leds de última xeración. Recentemente fíxose o cambio en Campoverde e A Carboeira e esta semana quedarán rematados os traballos en Vilapedre e Carboeiro.
 
Nos últimos meses fíxose a renovación en máis de 25 lugares das parroquias de Pinol e Gundivós, así como en Castroseiros (Neiras), Viloudriz (Refoxo), Fontemaior (Lobios), no núcleo de Doade, Sistindomato e Camporrairo en Canabal ou Mer e Froxán en Proendos, entre outros lugares.
 
Nos últimos traballos de mellora en alumeados o Concello investiu preto de 30.000 euros de recursos propios.
 
Próximas actuacións
Nos próximos meses continuarse co cambio a luz led nos pobos do Concello nos que aínda hai lámpadas de vapor de sodio.
 
Na actualidade o 50 por cento dos alumeados do Concello son de haloxenuro metálico, o 30 por cento de luz led e o 20 por cento restante  é vapor de sodio, que se cambiará pronto.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica que coas melloras feitas nos alumeados de Sober o Concello consigue por un lado, unha mellor iluminación e por outro, menos contaminación lumínica. Ao mesmo tempo acádase un importante aforro na factura eléctrica.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com