SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ACOMETE OBRAS DE REXENERACIÓN DE CAMIÑOS CON MÁIS DE 400.000 EUROS DE INVERSIÓN



O Concello de Sober está levando a cabo un importante plan de mellora de camiños con máis de 400.000 euros de inversión. As actuacións están financiadas con fondos propios municipais e coa colaboración doutras administracións e chegarán á práctica totalidade das parroquias .
 
En concreto, nas últimas semanas finalizaron os traballos do Plan Marco de camiños 2017-2018 cunha inversión de 85.000 euros dos que a Consellería de Medio Rural aportou 70.000 euros e o Concello os 15.000 restantes. Este plan incluía o acondicionamento dos accesos desde Santa Marta (Barantes) por O Taro ata Suairexa en Figueiroá, o remate da estrada entre O Cadaval e Mourentán en Doade, a estrada que comunica Casar de Cima co Cruceiro en Lobios e o aglomerado da estrada dende Sistín do Mato a Canaval.
 
Por outro lado, acaba de saír a licitación o Plan Marco 2018-2019, dotado tamén con 85.000 euros de orzamento. Neste caso as actuacións inclúen a renovación do camiño que vai dende Villoriz (Bolmente) por O Taro e Camilo ata Arxemil en San Martiño de Anllo, a mellora da estrada dende Naz por Fondo de Vila ata a Lama dos Campos (Rosende) e o aglomerado dos accesos a Outeiro (Proendos) dende a estrada Sober-Doade e a estrada que comunica Francos e Sansillao dende a estrada Sober-Arxemil.
 
Así mesmo, a semana pasada iniciáronse as obras de mellora da Travesía de Belan e da Rúa do Colexio que comunica a estrada Sober-Gundivós coa estrada Sober-Monforte. Estes traballos contan cun orzamento superior aos 80.000 euros e son financiados pola Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia.
 
Con algo mais de 50.000 euros de fondos propios municipais están acometéndose tamén traballos en O Campo , O Pacio, A Torre e Sante de Abaixo en Bulso e A Carboeira en Gundivós e van continuar en A Boca (San Martiño de Anllo), A Pena de Gundivós, Hortás en Anllo San Estevo, Sanmil en Santa Cruz de Brosmos, A Igrexa en Bolmente, Moreda en Vilaescura, A Lampaza en Doade. Tamén se renovará con aglomerado o camiño dende O Barrio a Suairexa en Figueiroá.
 
A Consellería do Medio Rural, ademais, vai sacar a licitación dentro do Plan de Infraestruturas Rurais os traballos de aglomerado da primeira fase da estrada que vai dende Vilanova en Gundivós ata O Ventorrillo en Neiras con 60.000 euros de presuposto.
 
Por último, a Deputacion Provincial de Lugo ven de levar a cabo melloras de rexeneración por mais de 25.000 euros na estrada dende As Gandaras a Sampil en Pinol.
 
Accesos a viñedos
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, puxo en valor todas estas actuacións “que teñen como obxectivo mellorar o día a día dos nosos veciños e veciñas”. Destacou ademais que benefician “á práctica totalidade das parroquias do concello”. O rexedor tamén avanzou que nos próximos días se van a acometer melloras en accesos a viñedos nas Ribeiras do Sil e Cabe con 25.000 euros de fondos propios.
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com