NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INICIA A XIMNASIA DE MANTEMENTO NAS PARROQUIAS



O Concello de Sober inicia esta semana a ximnasia de mantemento en sete parroquias da localidade, así como na capitalidade. Dende o Concello ofrécese a posibilidade de facer a actividade de ximnasia de mantemento en máis parroquias que o soliciten sempre que exista un grupo dun mínimo de 6 persoas.
 
Calendario
Os luns haberá ximnasia en Villaoscura ás 16:00 horas; en Anllo ás 17:00 horas, en Rosende ás 18:00 horas e en Canabal ás 19:00 horas.
 
O martes, mércores e xoves a actividade trasládase a Sober ás 11:00 horas. Os mércores tamén haberá clases pola tarde en Sober, ás 17:30 horas.
 
En Doade as clases serán os mércores ás 16:00 horas e ás 19:00 horas en Neiras. Os xoves as actividades chegan a Arxemil ás 16:00 horas.
 
Ximnasio municipal
Ademais a partir do día 17 abre de novo as súas portas o ximnasio municipal. O horario da sala de máquinas será os martes, mércores e xoves de 10:30 a 13:30 horas. E os martes e xoves en horario de tarde, de 17:30 a 20:00 horas.
 
Tanto o uso das instalacións municipais como a ximnasia de mantemento nas parroquias son de balde para os usuarios. Os interesados e interesadas poden obter máis información dos horarios no centro sociocultural ou no teléfono: 982460513.
 
Activa corpo e mente
Os martes, a partir do día 23, ás 17:30 horas o ximnasio municipal acollerá a nova actividade ‘Activa corpo e mente’. Trátase dunha actividade de dinamización na que se pretende facilitar a práctica do exercicio físico pero tamén cognitivo, é dicir, poñer en movemento corpo e mente.
 
Está destinada a adultos de máis de 60 anos cos que se fará: ximnasia suave, Ritmo e baile, Xogos sensoriais de habilidade, ximnásticos, de representacións, de enxeño, competitivos, dinámicas grupais, actividades lúdicas, técnicas de relaxación e actividades para exercitar a memoria, entre outras.


 
 
Historia do Concello
1·Historia
2·Patrimonio
3·Medio Natural
4·Lendas
5·Situación
Concello de Sober
1·Alcaldía
2·Corporación Municipal
3·Normativa Municipal
4·Secretaría
5·Contacto
Servizos do Concello
1·Enlaces
2·Axenda
3·Télefonos
4·Transporte Público
As Nosas Parroquias
 
Oficina de Turismo
1·Rutas
2·Aloxamentos
3·Festas
4·Galería Fotográfica
Novas do Concello
 
O Viño e Adegas
1·O Viño
2·Adegas
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
prodesin.com