NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER COLABORA COA CELEBRACIÓN ESTE VENRES DA XORNADA MICOLÓXICA PROMOVIDA POLA AGRUPACIÓN PINGADOURO



O Concello de Sober colabora coa Asociación Micolóxica Pingadouro na celebración da súa Xornada Micolóxica que se desenvolverá na localidade lucense o venres día 9 de novembro. O programa da xornada, que dirixen Enrique Vera Arconada e Ramón Losada da Asociación Micolóxica de Madrid, inclúe unha charla-coloquio, unha saída ao campo e a identificación e degustación de cogomelos.
 
Programa
Ás 10:00 horas farase unha saída ao campo. Ás 17:00 horas levarase a cabo unha identificación das setas máis frecuentes no Centro Sociocultural e montarase a exposición.
 
Ás 19:00 horas haberá unha charla-coloquio e ás 20:30 horas levarase a cabo a clausura da xornada cunha degustación de cogomelos.
 
O Concello de Sober anima a todos os veciños e veciñas a participar nesta Xornada Micolóxica de cara a obter máis información sobre as setas, a súa diferenciación e o seu consumo.


 
 
Historia do Concello
1·Historia
2·Patrimonio
3·Medio Natural
4·Lendas
5·Situación
Concello de Sober
1·Alcaldía
2·Corporación Municipal
3·Normativa Municipal
4·Secretaría
5·Contacto
Servizos do Concello
1·Enlaces
2·Axenda
3·Télefonos
4·Transporte Público
As Nosas Parroquias
 
Oficina de Turismo
1·Rutas
2·Aloxamentos
3·Festas
4·Galería Fotográfica
Novas do Concello
 
O Viño e Adegas
1·O Viño
2·Adegas
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
prodesin.com