|
|
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER FELICITA O NADAL COA PARTICIPACIÓN DOS VECIÑOS E VECIÑAS
O Goberno local do Concello de Sober contou este Nadal cos veciños e veciñas para felicitar as Festas. Así, ao longo destes días, desde o pasado sábado, o Facebook oficial do Concello de Sober comparte numerosos vídeos chegados desde diversas parroquias e colectivos nos que se desexa un Bo Nadal e se comparten os mellores desexos para o 2019.
Así, teñen participado desta iniciativa os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, os da gardería, o alumnado da Escola Municipal de Música e da Escola Municipal de Teatro, os participantes nas Merendas con Contos, a Banda de Música de Sober, o Coro Berea, a Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias, de Rosende, a residencia de maiores Virxe do Carme, así como todos os veciños e veciñas que participan na ximnasia de mantemento ou os futbolistas da localidade, entre outros moitos.
Os vídeos que o Concello vén de publicar, entre eles o do persoal municipal co alcalde á fronte, Luis Fernández Guitián, acadaron unha gran repercusión a través do Facebook sendo compartido por numerosos veciños e veciñas e rexistrando un importante número de interaccións.
O Goberno local agradece a implicación de todos os soberinos e soberinas con esta iniciativa. O alcalde aproveitou ademais a súa mensaxe acompañado do persoal municipal para pedirlle a todos os seguidores e seguidoras que aproveiten estas datas para “brindar con Amandi” contribuíndo así á promoción dos nosos viños tamén nestas datas festivas.
|
|
|
|
|
|