SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INAUGURA O 14 DE XULLO A MOSTRA FOTOGRÁFICA SOBRE A DECONSTRUCIÓN DA MASCULIDADE TRADICIONAL ‘ANHELOS’



O Concello de Sober inaugura o próximo 14 de xullo, venres, ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Sober, a mostra fotográfica ‘Anhelos’ sobre a deconstrución da masculinidade tradicional. O Goberno local lanza este novo proxecto tras o éxito acadado pola exposición ‘Inmarcesibles’ sobre a beleza real feminina.
 
No mesmo acto haberá unha actuación do cantautor Emilio Rúa e un percorrido para ver as fotografías.
 
A iniciativa está promovida polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober e pretende facer reflexionar sobre a necesidade de deconstrución do modelo de masculinidade dominante e sobre a necesidade de xerar novas formas de relación coas mulleres, vínculos máis libres para ambos e afastados do que a sociedade patriarcal nos inculcou e nos vendeu como “normal”.
 
Así pois, as impulsoras do proxecto consideran “necesario que os homes leven a cabo unha reflexión sobre a súa identidade e sobre a súa capacidade de transformación social, que sexan conscientes de que o proceso de socialización os envía e os sitúa baixo un modelo dominante de masculinidade tradicional asentado e reforzado por un sistema patriarcal férreo”.
 
“Son mandatos que non lles deixan espazo para realizarse a eles mesmos, pois indícanlles como teñen que ser e como han de actuar, cadeas inxustas que os envolven limitando a súa existencia, dificultándolle, tamén, ter relacións xustas e igualitarias coas mulleres”, apuntan.
 
As fotos
Con este obxectivo, empregouse a fotografía contando novamente coa profesional María Fernández. A exposición conta cun total de 19 fotos, nas cales aparecen, de forma voluntaria, 41 persoas -34 homes e 7 mulleres-, entre os que se atopa o alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián.
 
A maior parte dos modelos son da zona de Sober e arredores, aínda que tamén hai participantes doutras provincias galegas e incluso estranxeiros que quixeron colaborar de xeito desinteresado coa iniciativa.
 
Ao igual que a mostra ‘Inmarcesibles’, esta exposición fotográfica será itinerante, polo que se trasladará por aqueles concellos e institucións que están interesados na súa proxección. Inicialmente estará no Centro Sociocultural de Sober os meses de xullo e agosto.
 
Esta actividade está financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, dentro das transferencias para o desenvolvemento de novas e ampliadas competencias reservadas as entidades locais no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com