SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CONVOCA TRES BOLSAS CULTURAIS INTERNACIONAIS ‘PINTOR DE CASTINANDI’



O Concello de Sober convoca 3 Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ para o verán 2023 co obxectivo de impulsar o crecemento cultural a nivel internacional, fomentar o estudo e facilitar o desenvolvemento persoal de tres persoas, que poderán asistir de maneira gratuíta a un dos 3 talleres de verán que organiza o proxecto cultural ‘La Plantación’ en cada disciplina.
 
O taller de fotografía celebrarase do 9 ao 14 de xullo co recoñecido fotógrafo Alberto García-Alix. O taller de pensamento celebrarase do 23 ao 28 de xullo co escritor, músico e poeta Ramón Andrés. O taller de cinema celebrarase do 30 de xullo ao 4 de agosto co cineasta Pedro Costa.
 
Os talleres levaranse a cabo na localidade de Rosense, na Casa Grande, en Sober.
 
Bolsas ‘Pintor de Castinandi’
Son formacións culturais internacionais, destinadas a persoas de ata 40 anos, promovidas e patrocinadas polo Concello de Sober, e organizadas polo proxecto cultural La Plantación. Encontros e Coñecemento, a través de talleres de verán. Nesta ocasión cada bolsa ten un valor de 795 euros.
 
A Plantación. Encontros e Coñecemento é un proxecto cultural feito desde Galicia, onde se cultivan e comparten experiencias arredor de distintas artes. O método de traballo consiste en propoñer encontros abertos entre un autor e calquera persoa que estea interesada (profesional e non profesional) co obxectivo de reflexionar sobre proxectos e intereses creativos.
 
Mediante esta convocatoria, o Concello de Sober busca a tres persoas con inquietudes artísticas e culturais e coa necesidade de seguir formándose que posúa un destes perfís:
 
1. Ata 40 anos.
2. Estudantes en activo matriculados actualmente nuns estudos próximos á especialidade de cada taller.
3. Titulados en estudos relacionados coa especialidade de cada taller.
4. Outras persoas. As persoas interesadas han de presentar unha carta de motivación, onde indicarán porqué quere facer o taller, como cren que poderán aproveitalo nun futuro etc.
Tamén han de enviar unha mostra do seu traballo persoal (dossier), relacionado coa especialidade en que soliciten a bolsa.
As solicitudes presentadas serán avaliadas por un comité e as ideas rexistradas permanecerán en todo momento baixo a propiedade intelectual das persoas participantes.
 
Como participar:
 
1. As becas están dirixidas a persoas de ata 40 anos, interesadas en ampliar a súa formación.
2. Carta de motivación e dossier.
3. A participación e recepción dos proxectos estará aberta desde o día 26 de xuño de 2023 ás 00:00 horas, ao día 30 de xuño de 2023 ás 23:59 horas (hora de España). As datas son improrrogables. Unha vez finalizado o prazo de recepción de solicitudes, enviarase un mail de confirmación ao participante. Se o recibe, significa que a participación chegou correctamente e que cumpre os requisitos esixidos.
4. Enviar a: info@laplantacion.info un cartafol en PDF con nome e apelidos. Exemplo: Ana García.pdf.
Ha de conter:
Carta de motivación (motivo polo cal se solicita a bolsa).
Dossier co traballo persoal, que inclúa ademais estes datos persoais: Nome completo e número de teléfono.
Fotocopia do DNI (por ambas as caras) ou Pasaporte.
 
5. A persoa gañadora da bolsa, deberá ter dispoñibilidade para participar durante seis días de formación experiencial, totalmente presencial (no taller de verán para o que solicita a bolsa que se levará a cabo na Casa Grande de Rosende (o taller inclúe manutención en pensión completa. Os desprazamentos ata o lugar onde leva a cabo o taller son a cargo da persoa bolseira).
 
Pódese atopar máis información dos talleres de verán nas seguintes ligazóns:
1. Taller de Verán de fotografía con Alberto García-Alix. Do 9 ao 14 de xullo.
https://laplantacion.info/2023/04/12/alberto-garcia-alix-xullo-2023-taller-de-verán-presencial-fotografia/  
2. Taller de Verán de pensamento con Ramón Andrés. Do 23 ao 28 de xullo.
https://laplantacion.info/2023/02/03/ramon-andres-xullo-2023-taller-de-verán-presencial-pensamento/  
3. Taller de Verán de cinema con Pedro Costa. Do 30 de xullo ao 4 de agosto.
https://laplantacion.info/2023/02/02/pedro-costa-xullo-agosto-2023-taller-de-verán-presencial-cinema/
 
Fallo do comité
Os días 1 e 2 de xullo levarase a cabo a fase de lectura, análise e valoración dos proxectos, tendo en conta os requisitos anteriores. A avaliación será a cargo dun comité formado por dous representantes, un do Concello de Sober e outro de A Plantación. O fallo do xurado notificarase a través do correo electrónico á persoa gañadora da bolsa o día 3 de xullo de 2023.
 
A participación nesta convocatoria de bolsa supón a aceptación total destas bases, así como a composición do comité de avaliación e o seu fallo. Só se admitirá unha participación por persoa, quedando excluídos aqueles proxectos recibidos por duplicado.

BASES CASTELLANO
BASES GALEGO
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com