SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
PERFIL DO CONTRATANTE
ADXUDICACIÓN



Visto que por Providencia de Alcaldía de data 9 de xaneiro iniciouse o procedemento para contratación das obras de Mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal do Concello de Sober.
 
Visto que con data 10 de xaneiro  foi emitido informe pola Intervención sobre a porcentaxe que supón a contratación en relación cos recursos ordinarios do orzamento vixente.
 
Visto que con data 13 de xaneiro  foi emitido Informe por Secretaría sobre a Lexislación aplicable e o procedemento a seguir e o órgano competente para aprobar e adxudicar o contrato.
 
Visto que por Resolución de Alcaldía de data 16 de xaneiro foi aprobado iniciar o expediente para a contratación referenciada motivando a necesidade e idoneidade da contratación proposta.
 
Visto que con data 16 de xaneiro foi redactado e incorporado ao expediente o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e o de prescricións técnicas que rexerán a adxudicación do contrato.
 
Visto que con data 3 de febreiro  foi realizada pola Intervención a retención de crédito .
 
Visto que mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 20 de xaneiro de 2014  foi aprobado o expediente e os Pregos de Cláusulas Administrativas para a adxudicación das obras consistentes en “Mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal do Concello de Sober” por procedemento negociado sen publicidade e tramitación urxente, así mesmo procedeuse a autorizar o gasto que supón a adxudicación do mesmo.
 
Visto que con data 21 de xaneiro  foron solicitadas ofertas ás seguintes empresas:
 
—CAMINOS Y CONSTRUCCIONES DEL DEZA S.L
— CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO S.A
— CONSTRUCCIONES VENCE VÁZQUEZ S.L
 
Visto que con data 3 de febreiro foi constituída a Mesa de contratación, órgano competente para a valoración das ofertas, realizou proposta de adxudicación a favor de CAMINOS Y CONSTRUCCIONES DEL DEZA S.L
 
Visto que con data 3 de febreiro , o órgano de contratación declarou como oferta economicamente máis favorable a emitida pola empresa CAMINOS Y CONSTRUCCIONES DEL DEZA S.L
 
Visto que se requiriu ao candidato que presentou a oferta economicamente máis vantaxosa para que presentase a documentación xustificativa a que fai referencia o artigo 151.2 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, así como xustificación da constitución da garantía definitiva e, ademais, que dispón dos medios que se comprometese a dedicar ou adscribir á execución do contrato.
 
Visto que con data 11 de febreiro  o candidato  constituíu garantía definitiva por importe de  3195,79 euros e presentou os documentos xustificativos esixidos.
 
Examinada a documentación que a acompaña, visto o informe de Secretaría, e de conformidade co establecido no artigo 151.4 e na Disposición Adicional Segunda do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro,a Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos membros presentes ACORDA:
 
PRIMEIRO. Adxudicar á empresa CAMINOS Y CONSTRUCCIONES DEL DEZA S.L
   o contrato de obras de Mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal do Concello de Sober”  por procedemento negociado sen publicidade e tramitación urxente.
SEGUNDO.Dispor o gasto con cargo á partida 342.612 do orzamento vixente de gastos.
 
TERCEIRO. Notificar a adxudicación aos candidatos que non resultaron adxudicatarios e autorizar a devolución da garantía provisional por eles prestada.
 
CUARTO. Notificar a D. CELSO RODRÍGUEZ TRABAZO , adxudicatario do contrato, a presente Resolución e citarlle para a sinatura do contrato  que terá lugar no Concello de Sober o dia 21 de febreiro de 2014 as doce horas.
 
QUINTO. Publicar a formalización do contrato  no Perfil de contratante.
 
SEXTO. Formalizado o contrato deberase presentar polo contratista o Plan de Seguridade e Saúde da Obra axustado ao Estudo de Seguridade e Saúde ou Estudo Básico de Seguridade do Proxecto para a súa aprobación polo Concello previo informe do Coordinador de Seguridade e Saúde ou Director Facultativo das Obras e a súa posterior comunicación á autoridade laboral. Efectuado este trámite procederase á acta de trazado de planta e inicio da obra.
 
SÉTIMO. Comunicar os datos básicos do contrato ao Rexistro de Contratos do Sector Público, de conformidade co disposto no artigo 333.3 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
 
OITAVO. Remitir aoTribunal de Contas/ou órgano externo de fiscalización da Comunidade Autónoma unha copia certificada do documento mediante o que se formalizase o contrato, acompañada dun extracto do expediente do que se derive, sempre que a contía do contrato exceda de 600.000 euros, dentro dos tres meses seguintes á formalización do contrato.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com