SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
PERFIL DO CONTRATANTE
EXPLOTACIÓN BAR-CAFETERIA DA CASA DA CULTURA




PREGO DE CLAUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A EXPLOTACIÓN DO BAR-CAFETERIA DA CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE SOBER.

1.- Obxecto.-
O presente contrato administrativo especial ten por obxecto a explotación do servizo de bar-cafetería da casa da cultura do Concello de Sober.
 
2.- Réxime Xurídico e Xurisdición.
 
O contrato a realizar cualifícase como contrato administrativo especial, de conformidade co establecido no artigo 19.1.b) do Real Decreto Lexislativo 3/2011 de Contratos do Sector Público (TRLCSP).
 
No non previsto neste prego será de aplicación na súa preparación,
adxudicación, efectos e extinción o TRCLSP 3/2011 , ,de Contratos do Sector Público, o Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007; Real Decreto 1098/2001, de 12 de Outubro, polo que se aproba o Regulamento
Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas; a Lei 7/1985, de 2 de
abril, de Bases do Réxime Local; o Real Decreto 1372/86, de 13 de xuño, polo que
apróbase o Regulamento de Bens das Entidades Locais, a Lei 33/2003, de 3
de Novembro, de Patrimonio das Administracións Públicas, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril e o Regulamento de Servizos das Corporacións
Locais de 1955.
Supletoriamente, aplicaranse as restantes normas de Dereito Administrativo e, no seu defecto, as normas de Dereito Privado.

3.- Importe do Canon e forma de pagamento.
Se establece como tipo de licitación á alza, o seguinte canon mínimo para un total de unha anualidade:  6. 000 euros anuais  ( IVE incluido)  correspondendo ao IVE a cantidade de 1041,32 euros (500 € con IVE cada mensualidade).A cantidade de 500 euros engloba un consumo medio de luz de 200 euros, que no caso de superarse pagarase adicionalmente a cantidade que supere os 200 euros.
 
O canon deberá aboarse na conta de titularidade municipal de ABANCA  nos dez primeiros días de cada mes .

4.- Duración do Contrato.
O prazo de duración do contrato fíxase en UN ANO prorrogables a outro máis, por mutuo acordo, contados dende a data de sinatura do mesmo.

5.- Procedemento de Adxudicación.
O contrato adxudicarase mediante procedemento  aberto previsto nos artigos 157 e seguintes do TRLCSP

6.- Criterios de adxudicacion
 
Establécese como único criterio de adxudicación o mellor prezo (canon) das ofertas presentadas
En todo caso, de existir empate, resolverase a adxudicación a favor daquel que acredite maior experiencia en traballos similares.
 
 
 
 
 
7.- Prazo e Presentación de Proposicións.
As empresas interesadas poderán presentar as súas solicitudes de participación no Rexistro Xeral do Concello de Sober, de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de 15 días  hábiles contados a partir do día seguinte a publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo
.
A documentación a presentar virá en dous sobres (A e B) pechados co seguinte título: “PROPOSICIÓN PARA TOMAR PARTE NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA CONTRATAR O SERVIZO DO BAR-CAFETERIA DA CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE SOBER”.
 
No sobre A **** , conterase a documentación acreditaiva da capacidade de participación do interesado co seguinte detalle:
 
1. D.N.I ou documento que o substitúa do asinante da proposición, cando se trate de empresarios individuais. No caso de cidadáns estranxeiros, permiso de traballo e residencia.
2. No caso de empresarios que fosen persoas xurídicas, escritura de constitución, e de modificación se é o caso, inscritas no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fora, escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional no que consten as normas polas que se regula a súa actividade.
3. Cando o licitador actúe mediante representante, este deberá achegar documento fidedigno acreditativo da existencia da representación.
4. Declaración responsable do licitador de non estar incurso en prohibición para contratar, conforme ao artigo 60 TRLCSP.
5. Declaración de estar ao corrente do pagamento das obrigas tributarias e das cuotas da Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes.
6. Alta do IAE e declaración de vixencia da mesma.
7. Escrito detallando nome, dirección, número de teléfono, fax e enderezo de correo electrónico.
8. En relación á capacidade e solvencia do contratista, e dado que se trata dun contrato administrativo especial, estarase ao disposto nos artigos 72 A 79 TR LCSP.
9. Experiencia en traballos similares, co fin de poder resolver os casos de empate, se se produciran, por ofrecemento dun canon de igual contía.
 
* A Lei 14/2013, de 27 de setembro de 2013, de apoto aos emprendedores, modifica o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, en concreto introduce o artigo 146. 4 e 5, que establece que, o órgano de contratación, se o estima convenente, poderá establecer no prego de cláusulas administrativas particulares que a aportación inicial da documentación establecida no apartado 1 se susituya por unha declaración resposable do licitador indicando que cumple as condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración. Nese caso, o licitador a cuxo favor recaiga a proposta de adxudicación, deberá acreditar perante o órgano de contratación , previamente a adxudicación do contrato , a posesión e validez dos documentos esixidos. En todo caso , bastará con esta declaración responsable nos contratos de obra cun valor estimado inferior a 1000000 euros, e de suministros e servizos cun valor estimado inferior a 90000 euros.
       En todo caso o órgano de contratación, en orde a garantir o bon fin do procedemento , poderá recabar , en calquer momento anterior a adopción do acordo de adxudicación, que os licitadores aporten documentación acreditativa do cumplimento das condicións esixidas para ser adxudicatario do contrato.
No momento decisivo para apreciar a concurrencia dos requisitos de capacidade e solvencia esigidos para contratar coa Administración será o de finalización do prazo de presentación das proposicións.
 
 
O sobre B conterá a proposición económica do participante, tendo en conta que a súa presentación presupón a aceptación de modo incondicional das cláusulas do presente prego.  Axustarase o seguinte modelo:
 
D………………………., con domicilio en……………….., Concello de…………, con D.N.I. nº……………., actuando en nome propio ou en representación de…………….con D.N.I. o C.I.F. nº, con domicilio en……………….., Concello de…………, toma parte no procedemento ABERTO para a explotación do servizo de bar-cafetería da casa da cultura do Concello de Sober ofrecendo un CANON  de ………………. €.
En ____________________, a ____ de __________________ de 201__.
(Data e sinatura do propoñente)
 
 
 
8.- Exame das Ofertas.
 
De conformidade có art. 320  do TRLCSP, non é necesaria a constitución de Mesa de Contratación; non obstante, se prevé que a apertura de documentación lévese a cabo por órgano creado ó efecto, encargado da apertura da documentación e da proposta de adxudicación, que estará constituido polos seguintes membros:
 
Presidente:       O Alcalde-Presidente de la Corporación o concelleiro en quen delegue.
 
 
 
Vogais:         TesoreIra do Concello, Dª. María Rodríguez Carnero
                      Técnico de emprego, D. Carlos Losada Rodríguez
                        Orientadora laboral: Dª Beatriz Vivirido Quevedo
                                             
 
Secretario: A secretaria-interventora da Corporación.
 
Concluído o prazo de presentación de proposicións,  o órgano encargado da apertura da documentación, procederá ao exame da documentación presentada polos licitadores, procedendo en primeiro lugar á apertura dos sobres A. Se se observase defectos materiais na documentación presentada, notificarao ó licitador correspondente, deixando constancia da devandita notificación no expediente,  concedéndolle un prazo de tres días hábiles para que o subsane.
Acto seguido, e subsanados ou non, os defectos que puideran existir, procederase á apertura dos sobres B, debendo elevarse ao órgano de contratación proposta de adxudicación do contrato á oferta máis vantaxosa.
 
9.- Requerimiento de documentación
 
O órgano de contratación requerirá o licitador que presenatara a oferta mais ventaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise o requerimento para que presente a documentación xustificativa de encontrarse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

10.- Adxudicación do contrato
 
Recibida a documentación solicitada, o órgano de contratación deberá adxudicar o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación. A adxudicación será acordada polo órgano de contratación en resolución motivada en que se concretarán e fixarán os termos definitivos do contrato e se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e perfil do contratante que o concello de Sober ten habilitado na páxina web www.concellodesober.com, e notificarase aos candidatos ou licitadores.
En ningún caso poderá declararse deserta unha licitación cando exista alguna oferta ou proposición que sexa admisible dacordo cós criterios que figuren no prego.
A adxudicación notificarase aos candidatos ou licitadores, e simultáneamente, publicarase no perfil do contratante

11.- Constitución da garantía definitiva.
            Exímese da constitución da mesma, en base a contía e duración do contrato .
 
12.- Formalizacion do Contrato.
O adxudicatario queda obrigado a subscribir, dentro do prazo de quince días hábiles dende a data da notificación da adxudicación, o documento administrativo de formalización do contrato.
 
13.- Obrigas do contratista-adxudicatario.
1. O adxudicatario terá que abrir as instalacións obxecto da explotación dotándoas de todo o necesario para o seu funcionamento: mesas, cadeiras, e toda aquela maquinaria de hostalería e anexa precisa para o funcionamento do bar ,así como ter o persoal necesario para atender o mesmo.
2.- Manter toda a zona( cafetería, aeos  e accesos que utiliza a actividade obxecto da explotación, no que fai referencia a limpeza e coidado, en perfecto estado).
3.- Manter aberto o bar durante o horario que determine o Concello.
4.- Prohibir a saída das consumicións da área destinada a bar-cafetería.
5.- Serán de conta do adxudicatario a observación e cumprimento das disposicións legais vixentes en materia laboral de Seguridade Social e de Seguridade  e Hixiene no traballo.
Igualmente deberá observar e cumprir a normativa en materia de venta de bebidas alcohólicas e/ou consumo de substancias prohibidas.
6.- O exercicio da actividade ou actividades axustarase ás
características do emprazamento, sen que en ningún momento poida supoñer
detrimento da estética do conxunto do recinto.
7- O adxudicatario farase cargo dos gastos electricidade ( xa se fixo referencia a dita cuestión no importe do canon a sarisfacer). O Concello únicamente farase cargo dos gastos que supón o deteriore natural das instalacuóns polo transcurso do tempo)
8- O adxudicatario estará obrigado a reciclar.
 
14.- Vixiancia de bo funcionamento.
O Concello conservará os poderes de policía necesarios para asegurar a boa marcha do servizo de que se trate, podendo emitir en todo momento as instrucións oportunas.
O Concello exercerá o control sobre a adecuación de todos os elementos da actividade e mobiliario que se instale, quedando o adxudicatario obrigado a seguir as indicacións dos técnicos municipais en tal sentido.
Pola súa parte, o Concello queda obrigado a manter ao adxudicatario no uso e disfrute pacífico das instalacións obxecto do presente contrato.
O Concello non se fará cargo, nin será responsable da falta de pago do contratista aos seus acreedores ou proveedores, nin dos deterioros, roubos ou danos a terceiros que se cometan na instalación.
Ao término do prazo do contrato, o adxudicatario deberá abandonar as instalacións sen necesidade de notificación por parte do Concello, e responderá de que  todos os servizos que se lle entreguen se atopen en perfectas condicións de uso e funcionamento.
 
15.- Risco e ventura.
A execución do contrato realizarase a risco e ventura do adxudicatario, agás
nos casos de forza maior admitidos pola lexislación aplicable.
 
16.- Resolución do contrato.
O contrato poderá extinguirse por algunha das causas establecidas no Texto Refundido da  Lei de Contratos do Sector Público ou por calquera incumplimento de algunha das obrigas establecida na cláusula 13 do presente contrato.
O Concello reservase o dereito de deixar sen efectos a prestación do servizo antes do seu vencemento, se o xustificaran circuntancias sobrevidas de interese público.

17. Xurisdicción.
As cuestión que poidan plantexarse durante o desenrolo do contrato serán resoltas polo órgano de contratación. Os acordos adoptados para a resolución porán fin a vía administrativa, e poderán ser impugnados ante o órgano xurisdiccional competente.
En Sober, a 24 de novembro  de 2014. .
 
O Alcalde
 
 
                                               Asdo.: Luis Fernández Guitián

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com