O CONCELLO DE SOBER CELEBRA MAÑÁ O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER CELEBRA MAÑÁ O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

A Biblioteca Municipal do Concello de Sober encargouse de organizar os actos para a celebración do Día Internacional do Libro Infantil que se desenvolverán ás doce do mediodía na CEIP Virxe do Carme, onde se levará a cabo a lectura da mensaxe da escritora Pat Mora, así como a difusión do cartel elaborado por Ashley Bryan.
 
Ademais, faranse actividades de creación de puzzles a partir dos contos de Hans Christian Andersen O parruliño feo ou A sereíña.
 
Xa pola tarde, a Biblioteca Municipal desenvolverá unha actividade de Bookcrossin coa liberación de libros en Sober, Canabal, Arxemil, Cadeiras, Doade e Neiras.
 
Poema de Pat Mora traducido por Concha Blanco:

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos bulliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas.
Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober