A Corporación do Concello de Sober aprobou por unanimidade no Pleno ordinario que se celebrou onte unha ordenanza reguladora da limpeza, vallado de solares, ornato público e conservación de fachadas.
Articulo 1º. A presente Ordenanza dictase en virtude da potestade regulamentaria recoñecida dentro da esfera das súas competencias aos municipios no artigo 4 da Lei 7/1985, de 2 abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, en relación co preceptuado no artigo 3 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.
Articulo 2º. Esta ordenanza elaborase en relación coas facultades de vixilancia urbana que corresponden ao Concello de Sober en virtude das cales será posible intervir a actividade dos seus administrados cando exista perturbación da salubridade ou seguridade públicas, co fin de restablecela ou conservala.
Articulo 3º. Aos efectos desta Ordenanza, terán a consideración de solares tódalas parcelas dentro do casco urbano de cada unha das localidades do municipio, aínda aquelas que pola súa reducida superficie non reúnan as condicións de edificabilidade.
Articulo 4º. O alcalde dirixirá os servizos municipais necesarios e exercerá a inspección das parcelas, as obras e instalacións no termo municipal para comprobar o cumprimento das condicións esixibles.
Articulo 5º. Queda prohibido arroxar lixo ou residuos sólidos perigosos nos solares ou espazos libres de propiedade pública ou privada. Os solares deberán estar permanentemente limpos, desprovistos de calquera tipo de residuos e vexetación espontánea, sen ningún resto orgánico ou mineral que poida alimentar ou albergar animais ou plantas portadores ou transmisores de enfermidades ou producir malos olores, así como de todo tipo de materiais susceptibles de provocar ou alimentar un incendio.
Articulo 6º.
1- Os propietarios de toda clase de terreos deberán mantelos en condicións de seguridade, salubridade e ornato público, libres de residuos sólidos urbanos ou escombros, estando obrigados a realizar os traballos precisos para conservar ou repor ditas condicións.
2- Cando pertenza a unha persoa ou dominio directo dun terreo ou construcción e a outra ou dominio útil, a obriga recaerá sobre aquela que teña dominio útil, sen perxuízo da responsabilidade na que incorra o que arroxe desperdicios ou lixos aos solares.
Articulo 7º.
1. O Alcalde, de oficio ou a instancia de toda persoa interesada, previo informe dos servizos técnicos e oído o titular responsable, dictará resolución sinalando as deficiencias existentes nos solares, ordenando as medidas precisas para subsanar e fixando un prazo para a súa execución.
2. Transcorrido o prazo concedido sen ter executado as medidas precisas, o Alcalde ordenará a incoación do expediente sancionador, tramitándose conforme a Lei de Procedemento Administrativo vixente, con imposición de multa que será do 20 ao 30% do valor das obras e traballos necesarios para superar as deficiencias. Na resolución, ademais, requirirase ao propietario ou ao seu administrador para que proceda a execución da orde efectuada, que de non cumprila, levarase a cabo polo Concello con cargo ao obrigado, a través do procedemento de execución subsidiaria previsto na Lei de Procedemento Administrativo vixente.
Articulo 8º. Tendo en conta a tipoloxía constructiva do municipio, o vallado das fincas non será obrigatorio. Pero nos casos que por cuestión de seguridade, salubridade e ornato publico, o Concello poderá esixir aos propietarios o vallado, acorde ao PXOM do Concello de Sober.
A parte maciza deberá seguir a liña da edificación, entendendo por tal a que sinala a un lado e outro da rúa ou vía pública delimitada a partir da cal poderán ou deberán levantarse as construccións, de acordo co PXOM do Concello de Sober.
O vallado de solares considerarase obra menor e está suxeito a previa licencia.
Os propietarios de edificios de todo tipo e uso deberán mantelos en adecuadas condicións estéticas e de seguridade, procedendo ao adecentamento e reparación daquelas fachadas que estean en condicións inadecuadas.
En todo caso, os propietarios de casas en ruínas ou calquera tipo de construcción en mal estado de conservación deberán proceder ao derribo total do edificio ou a efectuar as obras de reparación necesarias para garantir a seguridade e o ornato público.
A rehabilitación de fachadas, cando se trate de obras de revoco e non altere a estructura nin o uso do edificio, constituirá obra de carácter menor, estando suxeita a licencia.
A efectos do disposto no artigo precedente, o Concello de oficio ou a instancia de calquera interesado, poderá dictar ordes de execución que obrigarán aos propietarios de bens inmobles a realizar:
As obras necesarias para conservar ou repoñer nos inmobles as condicións derivadas dos deberes de uso e conservación.
As obras necesarias para adaptar os bens inmobles as condicións do ambiente, tales como a conservación e reforma das fachadas.
A orde de execución supón a concesión da licenza para realizar a actividade ordenada.
Transcorrido o prazo concedido sen executar as obras, procederase conforme ao previsto no artigo 7.2 desta ordenanza.
Constitúe infracción urbanística ou incumprimento da orde de execución das obras necesarias para manter os terreos e as edificacións en condicións de seguridade, salubridade e ornato público, tal como dispón o artigo 217 da Lei 9/2002, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.
A infracción á que se refire o artigo anterior será sancionada con multa de 300 euros a 6.000 euros en función da gravidade dos feitos constitutivos da mesma, conforme establece o artigo 220 do mesmo texto legal.
Do incumprimento das ordes de execución do cerramento ou vallado de terreos, así como das relativas a restauración de fachadas, serán responsables os propietarios dos inmobles, e do incumprimento das ordes de execución da limpeza de terreos e solares por razóns de salubridade, hixiene e ornato, serán responsables as persoas que teñan o dominio útil.
O órgano competente para a resolución do procedemento sancionador é o Alcalde, conforme dispón o artigo 21.1k) de La Lei 7/1985, sen perxuízo das facultades de delegación nun concelleiro ou na Xunta de Goberno Local.
A potestade sancionadora exercerase mediante o procedemento establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado por Real Decreto 1398/1993, de 4 de agosto, cas precisións fixadas no artigo 223 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.
Contra o acto ou acordo administrativo que se lle notifique e que poña fin á vía administrativa, poderán interpor os recursos a que ha lugar de acordo co previsto na Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Publicas e do Procedemento Administrativo Común.
Disposición final
A presente Ordenanza Fiscal, foi aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 3 de abril de 2013 e entrará en vigor aos trinta días da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia se non se producen reclamacións. No caso contrario a aprobación definitiva corresponderá ao Pleno da Corporación. Será de aplicación a partir da súa entrada en vigor permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresas.
