V CARREIRA POPULAR. Regulamento

V CARREIRA POPULAR
Concello de Sober
SÁBADO 15 DE XUÑO DE 2013
ÁS 10:30

REGULAMENTO

 

REGULAMENTO DA PROBA


  • Poderán participar na proba todas aqueles que o desexen.
  • Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
  • O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.
  • Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizalo seu.
  • Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.
  • Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
  • A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente.
  • A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
  • A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

CARREIRAS DE MENORES

Disputarase a partir das 10:30 da maña na localidade de Sober. As categorías, as distancias e os horarios de cada uno deles son as seguintes:
Categoría Pitufos: 2008 e posteriores 100 metros 10:30
Categoría Prebenxamín: 2006/2007 200 metros 10:35
Categoría Benxamín: 2004/2005 800 metros 10:40
Categoría Alevín: 2003/2002 800 metros 10:45
Categoría Infantil: 2001/2000 1500 metros 10:50
Categoría Cadete: 1999/1998 1500 metros 11:00

CATEGORÍA ABSOLUTA

Disputarase a partir das 11:15 da mañá do sábado 15 de Xuño en Sober sobre un circuito de 9.600 metros.
As categorías, tanto no apartado masculino como femenino, son as seguientes:
1ª Categoría: nacidos nos 1997, 1996, 1995 y 1994
2ª Categoría: nacidos entre os anos 1993 y 1984
3ª Categoría: nacidos entre os anos 1983 y 1974
4ª Categoría: nacidos entre os anos 1973 y 1964
5ª Categoría: nacidos entre os anos 1963 y 1954
6ª Categoría: nacidos no ano 1953 e anteriores

INSCRIPCIÓNS:

Categorías de menores: chamando o Concello de Sober: Teléfono 982460001 ou ben por e-mail: info@concellodesober.com enviando os seguintes datos: Nome, apelidos, sexo, localidade e a provincia . Tamén se poderán apuntar o mesmo día da carreira ata a media hora antes da proba.
Carreira Absoluta: Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
No caso de que non sexas usuario, debes darte de alta no apartado “REXISTRATE” e seguir as instrucións para formalizar as inscricións que desexes en www.championchipnorte.com

PREMIOS

Categorías de Menores: Os tres primeros de cada categoría levarán un trofeo conmemorativo da carreira. Asimesmo, a todos os atletas das categorías de menores se lles entregará una medalla conmemorativa do evento
Carrera Absoluta: Trofeos os tres primeros clasificados de cada categoría.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP.

Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (15 de xuño) na carpa da organización de 9:00 a 10:30.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA

Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas instalacións polideportivas.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober