O Concello de Sober e o Club A Gándara organizan para o vindeiro sábado 15 de xuño a V Carreira Popular que se enmarca no circuíto de probas populares da Ribeira Sacra, financiadas polo GDR. A proba, que se desenvolverá en Sober, é a penúltima do circuíto á que lle seguirá a de Escairón.
O circuíto de carreiras populares componse de oito probas e ten como obxectivo fundamental o fomento do deporte recreativo e de saúde entre a poboación da Ribeira Sacra, ademais de servir como fomento do deporte base entre as categorías de menores. Desde o Concello de Sober destacan que sirve, ademais, como escaparate turístico para todos aqueles atletas federados e non federados que desexen achegarse e coñecer os lugares máis representativos do Concello de Sober.
O rexedor local, Luis Fernández Guitián, remarca que Sober é un Concello que aposta polo deporte en todas as súas facetas e que este ano terá como eixo fundamental da súa programación deportiva a saída dunha das etapas de La Vuelta Ciclista a España.
O regulamento da proba inclúe as categorías e os horarios das carreiras nas que poden participar todos aqueles que o desexen.
CARREIRAS DE MENORES
Disputaranse a partir das 10:30 da mañá:
Categoría Pitufos: 2008 e posteriores 100 metros 10:30
Categoría Prebenxamín: 2006/2007 200 metros 10:35
Categoría Benxamín: 2004/2005 800 metros 10:40
Categoría Alevín: 2003/2002 800 metros 10:45
Categoría Infantil: 2001/2000 1.500 metros 10:50
Categoría Cadete: 1999/1998 1.500 metros 11:00
CATEGORÍA ABSOLUTA
Disputaranse a partir de las 11:15 da mañá. O circuíto é de 9.600 metros.
As categorías, tanto no apartado masculino como no feminino, son as seguintes:
1ª Categoría: nados nos 1997, 1996, 1995 y 1994
2ª Categoría: nados entre os anos 1993 y 1984
3ª Categoría: nacidos entre os anos 1983 y 1974
4ª Categoría: nados entre os anos 1973 y 1964
5ª Categoría: nados entre os anos 1963 y 1954
6ª Categoría: nados no ano 1953 e anteriores
Inscricións
As categorías de menores poden anotarse chamando ao Concello de Sober (982460001) ou no e-mail info@concellodesober.com enviando os seguintes datos: nome, apelidos, sexo, localidade e provincia. Tamén se poden apuntar o mesmo día da carreira, media hora antes de celebrarse a proba.
Para a carreira absoluta as inscricións faranse online a través da páxina www.championchipnorte.com. No caso de non ser usuario, o corredor deberá darse de alta no apartado ‘Rexístrate’ e seguir as instruccións.
Premios
No caso das categorías menores os tres primeiros premios de cada unha delas levarán un trofeo conmemorativo da carreira. Ademais, todos os atletas das categorías menores recibirán unha medalla pola súa participación.
Na carreira absoluta levarán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (15 de xuño) na carpa da organización de 9:00 a 10:30 horas.
Para consultar o regulamento da Carreira preme aquí.
