O Concello de Sober colabora coas festas na horna da Virxe dos Ánxeles en Lobios que se celebrarán o sábado 10 e o domingo 11 na parroquia soberina.
Os festexos comezan o sábado ás 13:00 horas cunha misa con procesión. De seguido haberá sesión vermú e baile de tarde-noite coa orquestra Odeón. O domingo día 11 volve haber misa con procesión ás 13:00 horas e sesión vermú e baile de tarde-noite coa Orquestra Añoranza.
Por último, o día 12 ás 7 da tarde, celebrase unha misa por todos os defuntos da parroquia.
Actuación de Gary Cupa
O venres día 9 o músico londinense afincado en Sober Gary Kupa ofrece un concerto e sesión de DJ ás 11 da noite na Praza do Toural da localidade. Para levar a cabo esta actuación conta coa colaboración do establecemento A bodeguilla de Marce.
