O CONCELLO DE SOBER ACOMETERÁ UNHA NOVA FASE DE REXENERACIÓN INTEGRAL DE CAMIÑOS

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER ACOMETERÁ UNHA NOVA FASE DE REXENERACIÓN INTEGRAL DE CAMIÑOS

O equipo de Goberno do Concello de Sober continuará nas próximas semanas cun ambicioso plan de mellora de camiños rurais que beneficiará a todas as parroquias da localidade. A actuación forma parte do proxecto que se elaborou a principios de mandato para levar a cabo o mantemento e mellora de todos os camiños e estradas de titularidade municipal, segundo as necesidades e priorizando as actuacións e tendo sempre en conta o estado das calzadas.
 
Segundo avanza o alcalde, Luis Fernández Guitián, agora vaise acometer unha nova fase de rexeneración integral de camiños cun presupostos de máis de 80.000 euros dentro do plan de mellora que cofinancia a Consellería do Medio Rural.
 
As actuacións previstas inclúen os accesos a Gundivós o Vello; a estrada de Rosende a Areas; os accesos ás Lumieiras e Casas Grandes en Millán; melloras dos viais no lugar de Naz, camiño dende Naz ata A Bertonia, Castaxua e O Campo; a estrada da Carqueixa a Mer; accesos en Sampil en Pinol; accesos a San Martiño de Arroxo dende Vilela e o camiño dende Vilanova a Santadriao e Sas en Gundivós.
 
Este tipo de actuacións terán continuidade con melloras noutros viais, ao tempo que o Goberno local prepara un importante plan de limpeza de cunetas en todos os camiños de titularidade municipal.
 
Balance do traballo feito
O rexedor local lembra que xa se teñen feito “importantes melloras” a través dos plans da Consellería do Medio Rural e co equipo de rego da Deputación provincial, así como con fondos propios do Concello.
 
Nos últimos meses, entre outras actuacións, fixéronse traballos de rexeneración integral nos accesos a Ceceda, Vilachá e Castro; rúas no lugar de Francos e apertura dun camiño dende A Igrexa a Mamuela en Doade; o camiño de Cantón á Igrexa e dende San Pedro a Ribeira en Amandi; os accesos a Surga, Prógolo, A Piantiña e As Cortes en Lobios;  os acesos a Vilariño e Santuario de Cadeiras en Pinol; a estrada ao Campo da festa e ao Miradoiro en Santiorxo, Sante de Arriba en Bulso, a estrada de Santiorxo a Bulso e a de Bulso a Liñarán; os accesos a Cima de Vila en Brosmos; os accesos a Penelas en Gundivós; a estrada de Carboeiro por Campoverde ao Fervedón; a estrada dende o Reboredo ata os Guntís en Neiras; os accesos a Casares en Millán; os accesos no Viñal e Albarán en Rosende; os accesos a Hortas, A Cigueñeira, A Bouza e O Arroxo en Anllo; os accesos aos Navás en San Martiño de Anllo; estrada de Soutonovo pola Pousa e Regueiro a San Martiño;  estrada de Matamá a Pacios de Bolmente, estrada dende o Piñeiro a Vales e acceso o miradoiro da Cividade; estrada de Santa Marta a Bolmente, accesos na Cal (Barantes), así como a estrada de Nabán a Xanimol (Figueiroa), entre outras.
 
Tamén se fixo un plan xeral de rebacheo que se repetirá anualmente.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober