SOBER CELEBRA O VENRES O BAILE Á LUZ DA LÚA

  • Home
  • Novas
  • SOBER CELEBRA O VENRES O BAILE Á LUZ DA LÚA

O Goberno local do Concello de Sober promove a celebración este venres 29 do tradicional Baile á luz da lúa coa actuación da Banda de Música de Sober a partir das 22:00 horas na Praza do Toural.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, pon en valor unha actividade lúdico-cultural que se consolida ano tras ano e na que “aproveitamos para despedir e agradecer a presenza de todos aqueles que pasaron o verán con nós”.
 
A Banda de Música de Sober interpretará pezas bailables, principalmente dos anos 50 e 60. No transcurso da velada tamén se celebrará un concurso de baile con premios para as mellores parellas.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober