O CONCELLO DE SOBER REMATA AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS NO RURAL ACOMETIDAS EN ROSENDE

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER REMATA AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS NO RURAL ACOMETIDAS EN ROSENDE

O Goberno local do Concello de Sober vén de rematar con cargo á Area de Rehabilitación Integral (ARI) e co financiamento do Ministerio de Fomento e da Consellería de Infraestruturas e Vivenda as obras humanización de espazos públicos no rural en Rosende.
 
En concreto, renovouse o pavimento con adoquín e formigón desactivado. Ademais enterrouse o cableado de telefonía e alumeado público e colocouse mobiliario urbano. A obra foi financiada nun 60% polo Goberno local en nun 40% polo Ministerio e a Consellería.
 
Nos próximos días o Concello de Sober rematará  traballos similares en Mer e A Pena de Proendos e prevese, tal e como avanza o alcalde, que nos próximos meses se acometan melloras na Praza da Igrexa de Bolmente e no Barrio de Outeiro.
 
Aposta polas empresas da localidade
O rexedor, Luis Fernández Guitián, explica que son, todas elas, actuacións executadas por empresas da localidade. Fernández Guitián asegura que estas obras confirman o interese, a preocupación e a aposta do seu equipo de Goberno polo rural e pola mellora de todos os núcleos de Sober. O importe total destinado a estas actuación é de preto de 200.000 euros.
 
Resumo
 


2015
Xa rematadas: Praza de Doade e Rúa da Estación de Canabal
 
2016 Xa rematadas: Praza do Campo de Pinol, Espazo de lecer en Naz e Praza de Rosende.
 
 
 
2016 En obras actualmente: Contorna da Capela de Mer e contorna do cruceiro de A Pena de Proendos.
 
 
2016 Próximas a executar: Praza da Igrexa de Bolmente e Rúas do lugar de Outeiro entre as parroquias de Proendos e Arroxo.