O Concello de Sober inviste 40.000 euros nas obras de modernización da rede de abastecemento e implantación dun sistema de control para a optimización do consumo de auga potable.
Así, instalouse un novo sistema de xestión da rede municipal de abastecemento coa finalidade de mellorar o abastecemento e controlar o consumo.
A obra de modernización da rede interna do depósito e telexestión do sistema contou cun investimento de 40.000 euros con cargo o Plan Único de 2019 e supuxo unha importante mellora nas instalacións municipais.
As obras permiten que agora se poida controlar o consumo por zonas e detectar posibles fugas ou enganches ilegais.
Sancións a quen incumpra
O Concello vai facer un estudo minucioso por tramos para detectar este tipo de anomalías e impor sancións a quen incumpra. Ao mesmo tempo recordase a importancia dun consumo de auga ordenado e a prohibición de regar, lavar coches ou encher piscinas con auga da traída, entre outras posibles ilegalidades.
