O CONCELLO DE SOBER VAI SER O PRIMEIRO DA PROVINCIA EN SUMARSE AO PROXECTO ‘RETORNA GALICIA’, CO QUE DAR UNHA SEGUNDA VIDA A VIVENDAS OU EDIFICIOS INHABITADOS OU EN RUÍNA

  • Home
  • Novas
  • Concello de Sober
  • O CONCELLO DE SOBER VAI SER O PRIMEIRO DA PROVINCIA EN SUMARSE AO PROXECTO ‘RETORNA GALICIA’, CO QUE DAR UNHA SEGUNDA VIDA A VIVENDAS OU EDIFICIOS INHABITADOS OU EN RUÍNA

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, vén de manter unha reunión cos membros do proxecto ‘Retorna Galicia, un proxecto que pretende darlle unha segunda vida a vivendas ou edificios inhabitados ou en ruína. O municipio lucense vai ser o primeiro en sumarse a esta iniciativa na provincia de Lugo pola que xa apostaron preto de 30 localidades do resto de Galicia.

Os promotores desta proposta explican que ‘Retorna Galicia’ pretende construír un proxecto escalable que une activos, rehabilitación, operación e financiación moderna, mediante fórmulas como os fondos de inversión. O obxectivo é conseguir rehabilitar 1.500 vivendas en Galicia nos próximos cinco anos.

Sober aposta por fixar poboación no rural

Pola súa banda, o Goberno local do Concello de Sober vai prestar a súa colaboración para identificar aquelas vivendas ou inmobles que se atopan deshabitadas, como paso previo para a súa rehabilitación e posterior explotación. “É unha fórmula que nos parece axeitada para poder fixar nova poboación no rural”, precisa Guitián.

Unha vez as vivendas están localizadas, desde ‘Retorna Galicia’ activan a rehabilitación e xestión con financiación mixta (privada + pública) e coa tokenización como bandeira para aumentar o impacto das operacións. O obxectivo final, precisan, é impulsar a recuperación patrimonial, o turismo sostible, e a vivenda mediante novas fórmulas de financiación híbrida.

O rexedor soberino comprométese a ser un “aliado” deste proxecto, facilitando o diálogo, a identificación de oportunidades e a posta en valor de recursos que merecen unha segunda vida.

Reunión de traballo

Na reunión de traballo para pechar a adhesión a esta iniciativa participaron o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e Juan Carlos Castro, CEO e fundador de ‘Retorna Galicia’ e empresario e fundador de Tendencia Total, con máis de 38 anos de experiencia en emprendemento, investimento, intermediación financeira, rendibilidade inmobiliaria e desenvolvemento de proxectos, así como outros membros do proxecto.


Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

close-link
close-link