O Concello de Sober recibiu hoxe un punto limpo móbil para eventos.

Trátase dun dispositivo adaptado de xeito específico para trasladar a eventos; como festivais, festas ou concertos. Conta con nove bocas selectivas e 4 entradas por cada lado para depositar refugallos (vidro, papel-cartón, plásticos e restos) e foi financiado integramente cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente por importe de 15.000 euros.

A entrega correu a cargo da empresa Baygar.

O alcalde destaca que servirá ademais como un recurso turístico, xa que na parte traseira vai decorado cunha foto da ribeira de Sober, unha dos emblemas da localidade.


close-link
close-link