OS NENOS E NENAS PARTICIPANTES NAS ‘MERENDAS CON CONTOS’ PECHAN O CURSO COA INTERPETACIÓN DA PEZA TEATRAL ‘A PITA MAZARICA’

  • Home
  • Novas
  • OS NENOS E NENAS PARTICIPANTES NAS ‘MERENDAS CON CONTOS’ PECHAN O CURSO COA INTERPETACIÓN DA PEZA TEATRAL ‘A PITA MAZARICA’

Os nenos e nenas de Sober que participaron nas ‘Merendas con contos’ da Biblioteca Municipal poñen fin a este curso coa interpretación esta tarde ás 18:00 horas da obra ‘A pita Mazarica’, de Paula Vázquez Verao. Unha vez rematada a actuación estarán todos e todas convidados a unha merenda e recibirán un agasallo. Os traballos que realizaron ao longo de todo o curso estarán expostos desde hoxe e ata o 28 de xuño no Centro Sociocultural.
 
Arredor de 15 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos actuarán no ‘poleiro de abaixo’, un lugar imaxinario entre Sistindomato e Camporrairo. É alí onde se sitúa a corte do rei Felisindo e a raíña Pola, unha das máis elegantes de todo o Val de Lemos. Os nenos e nenas foron tamén os encargados de confeccionar a decoración do escenario e os traxes que lucirán en escena.
 
A responsable da Biblioteca Municipal, Julia Fernández, explica que o programa de animación á lectura ‘Merendas con contos’ pretende facer da lectura un vehículo de enriquecemento e aproveitamento persoal, proporcionando espazos de encontro no propio centro. “O obxectivo é consolidar o hábito da lectura, polo que tratamos de proporcionar recursos e vías de participación tanto aos nenos e nenas como aos adultos”, conclúe. 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober