O Concello de Sober organiza para o próximo mércores día 14 unha Festa Acuática con inchables nas piscinas que será gratuíta para todos e todas os usuarios socios. Os que non sexan socios terán que aboar a cota diaria das instalacións para poder acceder.
O horario das piscinas será o habitual a partir das 13:30 horas e ata as 21:00 horas. O alcalde, Luis Fernández Guitián, anima a todos e todas a participar para que o acto lúdico sexa un éxito “ao igual que o foi o ano pasado”.
Prezo da entrada para os que non sexan usuarios
A entrada infantil (de 6 a 14 anos) terá un custo de 1,50 euros, mentres que a entrada para maiores de 14 anos será de 2,50 euros. Os menores de seis anos poderán acceder de balde.
