O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS NA HONRA A SAN AMARO DE PROENDOS

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS NA HONRA A SAN AMARO DE PROENDOS

O Concello de Sober colabora coas Festas na honra a San Amaro que esta fin de semana se celebran en Proendos.
 
O sábado día 17 ás nove e cuarto da mañá levarase a cabo a tirada de doce bombas de palenque. Ás 13:00 horas haberá misa solemne e a continuación sesión vermú a cargo da Banda de Música Municipal de Sober.
 
Ás 18:30 horas o Grupo Clave de Fado ofrecerá un concerto no interior da Igrexa de Proendos e ás 19:30 horas dará comezo a festa amenizada pola Orquestra Los Player’s.
 
Como é tradición, ás 21:15 horas farase a tirada do folión desde o Alto de San Cristovo.
 
Domingo 18
O domingo día 18 ás 9:15 horas volveranse tirar doce bombas de palenque. Ás 13:00 horas celebrarase unha misa solemne cantada pola soprano Ángela Casado acompañada polo pianista Nemesio Gutiérrez.
 
De seguido, haberá sesión vermú a cargo da Banda de Música Municipal de Sober.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober