O CONCELLO DE SOBER COLABORA COA CELEBRACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO ROCK&ANLLO

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA COA CELEBRACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO ROCK&ANLLO

O campo da festa de Anllo Santo Estevo, en Sober, albergará este sábado, día 16 de xullo, a segunda edición do Festival de Rock&Anllo.
 
O Concello de Sober colabora coa celebración desta festividade que este ano contará cos concertos de cinco grupos galegos.
 
A xornada estará amenizada pola actuación de tres bandas monfortinas: ‘Coolflanders’, ‘Black Vintage’ e ‘Lapanaback’; o dj local ‘nachomorales D.J ’ e o grupo ‘blind drunk and blue’.
 
Os asistentes desfrutarán cos concertos destas agrupacións, que serán totalmente gratuítos, e pasarano en grande nunha xornada de rock con  diferentes estilos para todos los públicos.
 
O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a «todos os mozos e mozas da comarca e aos turistas que estean de visita na zona a participar neste evento musical que xa vai pola súa segunda edición».