A ANPA DO CEIP VIRXE DO CARME COMEZA O LUNS AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2016-2017

  • Home
  • Novas
  • A ANPA DO CEIP VIRXE DO CARME COMEZA O LUNS AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2016-2017

A ANPA do CEIP Virxe do Carme inicia o vindeiro luns día 3 ás actividades extraescolares para o curso 2016-2017, que se desenvolverán en horario de tarde de luns a xoves.
 
En concreto, os alumnos e alumnas poderán matricularse en ximnasia rítmica, obradoiros diversos, inglés, fútbol, ilustración e debuxo, zumba e baile moderno, natación e patinaxe.
 
O taller de ilustración e debuxo impartirao Iria Iglesias, ilustradora, entre outros, do libro infantil O raposo Rufo. Está pensando para alumnos de primaria, pero se hai demanda, tamén haberá grupo de infantil.
 
A primeira clase do taller de patinaxe será de balde para todo aquel que queira probar esta modalidade.
 
Horarios e modalidades:
 
Luns. Ximnasia rítmica (15:45 horas).
Martes. Obradoiros*, Inglés, Fútbol (16:00 horas), Ilustración e debuxo, zumba e baile moderno.
Mércores. Natación (16:30 horas).
Xoves. Patinaxe (16:00 horas).

*As demais faltan por concretar.